Difflugia é o xénero de maior tamaño das Arcellinida, un dos grupos de amebozoos Tubulinea. As especies de arcelínidos forman cunchas ou testas a patir de partículas minerais ou de elementos de orixe biolóxica (por exemplo frústulas de diatomeas), polo que se denominan comunmente amebas testadas. As Difflugia son especialmente comúns en pantanos e outros hábitats de auga doce.
As partículas utilizadas para construír a súa cuncha son recollidas polas amebas directamente do seu contorno, ou das súas presas. Durante a división celular estes elementos pasan ás células fillas, onde son ensamblados e pegados por un cemento orgánico que forma unha lámina.Ralf Meisterfeld: Arcellinida, In: John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): The Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Vol. 2, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-23-9, pp. 827-860 A testa ten unha soa abertura terminal, chamada pseudostoma. A forma da testa vai de esférica a alongada, ás veces con ornamentacións como cornos ou un colar, ou ambos os dous, como na especie Difflugia corona .
Difflugia utiliza pseudópodos para moverse e capturar as súas presas. A maioría das especies de Difflugia son heterótrofas, alimentándose de materia orgánica ou de varios microorganismos que depredan. Porén, hai algunhas especies que conteñen algas endosimbióticas e son, por tanto, mixotróficas, é dicir, combinan a autotrofia e a heterotrofia.Ralf Meisterfeld: Arcellinida, In: John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Vol. 2, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-23-9, pp. 827-860
Os estudos filoxenéticos moleculares indican que o xénero Difflugia non é monofilético. A definición do xénero é problemática e futuras investigacións moi probablemente motivarán que se teña que facer unha revisión taxonómica xeral deste grupo.
Parte deste artigo incorpora texto en dominio público procedente de: Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Difflugia". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tree of Life: Difflugia
Categoría:Amebozoos