Toulon (en ), é unha cidade do sur de Francia que abeira un gran porto militar da costa mediterránea, cunha grande base naval. Localizada na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, Toulon é a capital do departamento de Var.
A comuna de Toulon ten unha poboación de 165.514 de persoas (2009), o que a converte na décimo quinta meirande cidade de Francia. É o centro dunha área urbana de 559.421 habitantes (2008), a novena maior do país.Insee - Résultats du recensement de la population de 2008 - Unité urbaine de Toulon , consulté le 22 octobre 2011 Toulon é a cuarta maior cidade francesa da costa mediterránea, despois de Marsella, Niza e Montpellier.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Var