O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é un mosteiro estremeño situado na localidade de Guadalupe, na provincia de Cáceres. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993. No seu interior aprécianse os estilos gótico, mudéxar, renacentista, barroco e neoclásico, é dicir, dende o século XIII ao XVIII.

Historia e características Antes da ampliación monástica, o santuario mantívose como priorado secular durante corenta e oito anos nos reinados de Afonso XI de Castela e Henrique II de Castela, baixo padroado real e señorío civil. En 1389 pasou a ser mosteiro, segundo unha real provisión expedida por Xoán I de Castela. Os seus novos moradores foron os monxes da Orde Xerónima, unha comunidade de 32 membros procedentes de San Bartolomé de Lupiana. En 1835 tivo lugar a exclaustración, quedando a igrexa para uso de parroquia dependente de Toledo. Anos despois declarouse ao conxunto Monumento Nacional (1879). Afonso XIII consignou unha Real Orde para a entrega do santuario aos frades franciscanos, co que comezou unha nova etapa. Pío XII, en 1955, outorgou ao santuario a condición de basílica.

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Guadalupe Categoría:Cultura de Estremadura Categoría:Patrimonio da Humanidade en Estremadura