El Magisterio de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1880 e 1930.

Historia e características Titulado inicialmente El Boletín del Magisterio de segunda enseñanza, apareceu o 10 de xaneiro de 1880, aínda que xa viña publicándose con outro título dende 1877. Estaba dirixido por José de Viazcochea e tiña como redactor e administrador a Eduardo Villardefrancos. Aparecía tres veces ao mes.La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-9-1881, p. 10. Cambiou o seu título por El Magisterio de Galicia co subtitulado Semanario profesional en xaneiro de 1901.El Eco de Santiago, 14-1-1901, p. 2. Estivo dirixido por Carlos Arias Andreu.El Norte de Galicia, 9-2-1903, p. 2. Aínda se publicaba en 1930.El Magisterio Español, 29-9-1930, p. 4..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1880 en Galicia