Douglas Richard "Doug" McDermott, nado o 3 de xaneiro de 1992 en Grand Forks, Dacota do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, McDermott foi seleccionado na 11ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Denver Nuggets. Na mesma noite do Draft foi traspasado xunto a Anthony Randolph ós Chicago Bulls, a cambio das dúas eleccións do Draft de 2014 dos Bulls, e unha futura elección de segunda rolda. O 22 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Bulls despois de acadar 18.0 puntos, 4.0 rebotes e 2.8 asistencias por encontro na Liga de Verán da NBA de 2014.BULLS SIGN FORWARD DOUG MCDERMOTT Fixo o seu debut na NBA o 29 de outubro de 2014 na vitoria dos Bulls contra os New York Knicks por 104-80, facendo 12 puntos, 5 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.
O 23 de febreiro de 2017, McDermott foi traspasado xunto a Taj Gibson e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Joffrey Lauvergne, Anthony Morrow e Cameron Payne.
O 25 de setembro de 2017, McDermott foi traspasado xunto a Enes Kanter e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New York Knicks, a cambio de Carmelo Anthony.
O 8 de febreiro de 2018, McDermott foi traspasado ós Dallas Mavericks nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Denver Nuggets.
O 6 de xullo de 2018, McDermott asinou un contrato por tres anos cos Indiana Pacers.
O 8 de agosto de 2021, McDermott asinou cos San Antonio Spurs.https://www.nba.com/spurs/news/spurs-acquire-doug-mcdermott
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no condado de Grand Forks, Dacota do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers