The Ting Tings son un dúo inglés formado por Katie White (voz, guitarra, baixos, cowbells) e Jules De Martino (batería, guitarra, baixo, coro, piano). Formouse en decembro de 2007 en Islington Mill Studios de Salford, Gran Manchester.

White e De Martino lanzaron catro sinxelos co selo Columbia Records, incluíndo "That's Not My Name", que acadou o número un no Reino Unido en maio de 2008. O álbum We Started Nothing foi lanzado o 19 de maio de 2008 e tamén conseguiu o número un no Reino Unido."World Album Charts". aCharts.us. Retrieved 10 June 2008. O sinxelo "Hands", foi lanzado o 11 de outubro de 2010 e apareceu no videoxogo FIFA 12. O seu segundo álbum de estudio, Sounds from Nowheresville, foi lanzado en febreiro de 2012,http://www.nme.com/news/the-ting-tings/60452 e o sinxelo "Hang It Up" estreouse o 16 de xaneiro de 2012. O seu terceiro álbum, Super Critical, foi lanzado en outubro de 2014.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo We Started Nothing 2008 Columbia Records Sounds from Nowheresville 2012 Columbia Records Super Critical 2014 Finca The Black Light 2018 Finca Home 2025 Wonderful Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Artistas de Columbia Records Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais do condado do Gran Manchester Categoría:Grupos musicais formados en 2007