miniatura|Exterior das oficinas da Sociedade Linneana de Londres en Burlington House.
A Sociedade Linneana de Londres (Linnean Society of London) é unha sociedade científica dedicada ao estudo e a difusión da taxonomía e historia natural. Publica estudos de zooloxía, botánica e bioloxía. Tamén edita The Linnean, unha revista dedicada á historia desta sociedade e á taxonomía en xeral.
Fundouse en 1788 e debe o seu nome ao naturalista sueco Carl von Linné (1707-1778). A súa sede está situada Burlington House, Piccadilly, Londres. Para converterse en membros requírese o nomeamento por polo menos dous membros e elección. Os membros (fellows) usan a designación FLS despois dos seus nomes. Entre os seus membros estivo Charles Darwin desde 1854.
Coleccións As coleccións botánicas e zoolóxicas de Linné que herdara o seu fillo único Carl von Linné o Mozo, adquiriunas en 1783 sir James Edward Smith, primeiro presidente da sociedade. Hoxe consérvanse na sede da sociedade e conteñen 14.000 plantas, 158 peixes, 1.564 cunchas, 3.198 insectos, 1.600 libros e 3.000 cartas e documentos. Son consultables previa cita.
A Sociedade conserva tamén a propia colección de plantas de sir J.E. Smith. Fíxose un inventario no marco do Smith Herbarium Project do Museo Nacional de Liverpool e limpáronse e reparáronse 6.000 espécimes.
En 2014, as coleccións da sociedade foron engadidas á lista das coleccións de importancia nacional en Inglaterra pola Arts Council England.
Medallas e premios outorgados pola sociedade
A Sociedade Linneana de Londres adxudica diferentes galardóns: A medalla linneana, fundada en 1888, recompensa a un botánico ou zoólogo: nun principio, alternativamente; logo, desde 1958, de maneira común. O premio H. H. Bloomer, establecido en 1963, grazas á herdanza do naturalista afeccionado Harry Howard Bloomer, premia a un naturalista non profesional que efectuara unha gran contribución ao coñecemento da bioloxía. O premio do bicentenario, inaugurado en 1978 co gallo do 200 aniversario da morte de Linné, recompensa a un investigador de menos de 40 anos. O premio Jill Smythies, implantado en 1986, asígnase ás mellores ilustracións de botánica. O premio Irene Manton, iniciado en 1990, recompensa a mellor memoria de botánica aparecida durante o curso escolar. Medalla Darwin-Wallace, para premiar avances importantes en bioloxía evolutiva. Medalla do Tricentenario Linneano, establecida en 2007
Revistas A Sociedade publica actualmente diversas revistas, como son: o Biological Journal of the Linnean Society, centrado na bioloxía evolutiva de todos os organismos, o Botanical Journal of the Linnean Society, sobre as ciencias botánicas, e o Zoological Journal of the Linnean Society que trata sobre a sistemática animal e a evolución.
Lista de presidentes miniatura|150px|James Edward Smith fundador e 1º presidente da sociedade Linneana de Londres. 1788-1828: James Edward Smith (1759-1828) 1828-1834: Edward Smith Stanley (1775-1851) 1834-1837: Edward Adolphus Seymour (1775-1855) 1837-1849: Edward Stanley (bispo de Norwich) (1779-1849) 1849-1853: Robert Brown (1773-1858) 1853-1861: Thomas Bell (1792-1880) 1861-1874: George Bentham (1800-1884) 1874-1881: George James Allman (1812-1898) 1881-1886: Sir John Lubbock (1834-1913) 1886-1890: William Carruthers (1830-1922) 1890-1894: Charles Stewart (1840-1907) 1894-1896: Charles Baron Clarke (1832-1906) 1896-1900: Albert Charles Lewis Günther (1830-1914) 1900-1904: Sydney Howard Vines (1849-1934) 1904-1908: Sir William Abbott Herdman (1858-1924) 1908-1912: Dukinfield Henry Scott (1854-1934) 1912-1916: Sir Edward Bagnall Poulton (1856-1943) 1916-1919: Sir David Prain (1857-1944) 1919-1923: Sir Arthur Smith Woodward (1864-1944) 1923-1927: Alfred Barton Rendle (1865-1938) 1927-1931: Sir Sidney Frederic Harmer (1862-1950) 1931-1934: Frederick Ernest Weiss (1865-1953) 1934-1937: William Thomas Calman (1871-1952) 1937-1940: John Ramsbottom (1885-1974) 1940-1943: Edward Stuart Russell (?-?) 1943-1946: Arthur Disbrowe Cotton (1879-1962) 1946-1949: Sir Gavin de Beer (1899-1972) 1949-1952: Felix Eugen Fritsch (1879-1954) 1952-1955: Robert Beresford Seymour Sewell (1880-1964) 1955-1958: Hugh Hamshaw Thomas (1885-1962) 1958-1961: Carl Frederick Abel Pantin (1899-1967) 1961-1964: Thomas Maxwell Harris (1903-1983) 1964-1967: Errol Ivor White (1901-1985) 1967-1970: Arthur Roy Clapham (1904-1990) 1970-1973: Alexander James Edward Cave (1900-2000) 1973-1976: Irene Manton (1904-1988) 1976-1979: Peter Humphry Greenwood (1927-1995) 1979-1982: William Thomas Stearn (1911-2001) 1982-1985: Robert James Berry 1985-1988: William Gilbert Chaloner (1928-) 1988–1991: Michaael Frederick Claridge 1991–1994: John G. Hawkes 1994–1997: Brian G. Gardiner 1997–2000: Ghillean Prance (1937-) 2000-2003: Sir David Cecil Smith (1930-) 2003–2006: Gordon McGregor Reid 2006–2009: David Frederick Cutler (1939-) 2009–2012 Vaughan R. Southgate 2012- Dianne Edwards
Outras sociedades linneanas no mundo Australia Linnean Society of New South Wales
Canadá Société linnéenne du Québec
Francia La Société Linnéenne de la Seine maritime Société linnéenne de Lyon Société linnéenne de Provence Société Linnéenne de Bordeaux Société Linnéenne de Normandie
Suecia Sociedade Lineana Sueca
Reino Unido The Linnean Society of London
EUA The Linnean Society of Lake Superior, Inc. The Linnaean Society of New York
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Medallas e premios da Sociedade Lineana Sociedades lineanas mundiais The Linnaean Society of New York Páxina do Zoological Journal of the Linnean Society Sitio do Biological Journal of the Linnean Society Sitio do Botanical Journal of the Linnean Society
Categoría:Sociedades científicas Categoría:Carl von Linné