Juan Ramón Díaz García, nado en Pamplona o 2 de agosto de 1941 e finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Xosé Díaz Jácome. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Traballou en Faro de Vigo e La Voz de Galicia, do que foi director (1977-1997). Foi vicepresidente do grupo La Capital, editor de El Ideal Gallego.

Durante a súa mocidade cultivou a poesía e foi distinguido en certames como os Xogos Florais da Xuventude de Vigo, Concurso de Poesía do Fogar Xuvenil de Vigo, Certame Poético Primavera de Pontevedra ou os Xogos Florais de Vilagarcía.

Recoñecementos Recibiu as insignias de ouro das universidades de Santiago e A Coruña e a medalla Castelao.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes