Ceferino de Blas García, nado en Cancienes (Corvera) o 24 de setembro de 1943 e finado en Vigo o 19 de febreiro de 2023, foi un escritor e xornalista asturiano, vigués de adopción.
Traxectoria Estudou no Seminario Metropolitano de Oviedo, Filosofía e Letras na Universidade Pontificia de Salamanca e a carreira de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, titulándose en 1972, despois licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.
Fixo prácticas en La Voz de Avilés e traballou en La Voz de Asturias. Foi delegado da axencia EFE en Asturias, redactor xefe e subdirector de La Nueva España, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, e correspondente en Asturias de El Periódico de Catalunya
Dende outubro de 1986 ata febreiro de 1994 dirixiu o diario Faro de Vigo,"Faro de Vigo" (pp. 183-186) en: (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X. pertencente, tamén, ao grupo Prensa Ibérica, proseguindo despois como articulista"Vigencia y significado de la polémica sobre Vigo entre "El Coruñés" y Faro" Faro de Vigo, 13/1/2010 ."Los secretos de la RAG " Faro de Vigo, 20/5/2013 ."El fenómeno Blue Jeans" Faro de Vigo, 24/6/2014 . e autor de varios libros, distribuídos co xornal.
Foi membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses dende 2013 e en 2017 nomeárono cronista oficial da cidade de Vigo, en sucesión de Lalo Vázquez Gil.
Vida persoal 300px|miniatura|Necrolóxica no Faro de Vigo. Estaba casado coa xornalista galega Marisa Real.
Obra bibliográfica El cardenal que coronó al rey: Pablo VI eligió a Tarancón para separar a la Iglesia del franquismo. Barcelona: Prensa Ibérica, 1995. ISBN 84-87657-92-3. Cunqueiro y Faro de Vigo: el pacto inextinguible, 2011. ISBN 978-84-938283-3-2.Armando Requeixo: "O Faro de Cunqueiro " Galicia Confidencial, 12/7/2012. Paz Andrade y Faro de Vigo. Galicia ante todo. Vigo: Faro de Vigo, 2012. ISBN 978-84-615-8807-7. Rosalía de Castro y Faro de Vigo en el 150 aniversario de Cantares Gallegos, 272 pp., Vigo: Faro de Vigo, 2013. ISBN 978-84-616-5429-1. Fernández del Riego. El guerrero del galleguismo, 200 pp. Vigo: Faro de Vigo, 2013. ISBN 978-84-616-2545-1. Filgueira Valverde y Faro de Vigo, El hombre que más sabía de Galicia, 2015. ISBN 978-84-606-8044-4. Donde los periódicos son Faros: Historia del Faro de Vigo, decano de la prensa española (1853-2015), 2017. IEV. ISBN 978-84-89599-67-3. Vigo, puerta del mundo, póstuma. Faro de Vigo, 2023. Colectiva Llanes en la ruta Jacobea, xunto con Elviro Martínez, 1968, CSIC. Tarancón, obispo y mártir, xunto con José Luis Martín Descalzo. Oviedo: Naranco, 1976. ISBN 84-7319-083-1. "El período preautonómico de Asturias", pp. 77–84, en Asturias, veinte años de autonomía (1982-2002) de Sabino Fernández Campo (coord.), 2002. ISBN 84-95998-08-4.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Asturias Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Corvera Categoría:Nados en 1943 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Faro de Vigo Categoría:Cronistas de Vigo Categoría:Finados en 2023