Monolene é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos.Monolene Goode, 1880 no WoRMS.
Encóntranse nos océanos Atlántico e Pacífico leste.
As especies deste xénero son de pequenas dimensións, porén algunhas teñen interese pesqueiro, ás que Lahuerta e Vázquez dan o nome de rapapelos (como aos seus parentes do xénero Arnoglossus.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
Taxonomía O xénero foi fundado en 1880 polo ictiólogo estadounidense George Brown Goode, nun traballo publicado na revista Proc. U.S. nat. Mus., 3: 209.Monolene en NOMENCLATOR ZOOLOGICUS. Volume 1-10.
Etimoloxía O nome científico Monolene está formado co elemento do latín científico mono-, derivado do grego antigo μονο- mono-, de μονός monós, "único", e da voz grega ληνόσ lēnós, "lagar", "pía" (aquí co sentido de "cavidade cranial").
Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies: miniatura|250px|Monolene atrimana. Monolene antillarum Norman, 1933 Monolene asaedai H. W. Clark, 1936 Monolene atrimana Goode & T. H. Bean, 1886 Monolene danae Bruun, 1937 Monolene dubiosa Garman, 1899 Monolene helenensis Amaoka & Imamura, 2000 Monolene maculipinna Garman, 1899 Monolene megalepis Woods, 1961 Monolene mertensi (Poll, 1959) Monolene microstoma Cadenat, 1937 – Rapapelos de boca pequena. Monolene sessilicauda Goode, 1880
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos
Ligazóns externas Monolene en FishBase. Monolene no ITIS.
Categoría:Pleuronectiformes