George Albert Boulenger, nado en Bruxelas o 19 de outubro de 1858 e finado en Saint-Malo (Ille e Vilaine, Francia) o 23 de novembro de 1937, foi un destacado biólogo belga, nacionalizado británico, coñecido polo descubrimento, descrición e clasificación de numerosas especies animais e vexetais.
Traxectoria Boulenger naceu en Bruxelas o 19 de outubro de 1858, fillo de Gustave Boulenger, un notario público belga, e de Juliette Piérart, orixinaria de Valenciennes (Norte, Francia).
En 1876 graduouse en ciencias naturais na Universidade Libre de Bruxelas, e durante un tempo traballou no Museo de Historia Natural desa cidade como naturalista asistente, especializándose no estudo de anfibios, réptiles e peixes, para o que efectuou frecuentes visitas ao Museo Nacional de Historia Natural de París e ao Museo Británico de Londres.
En 1880, invitado por Albert Günther, pasou a traballar no Museo de Historia Natural dependente do Museo Británico coa finalidade de catalogar a súa colección de anfibios. O seu traballo na administración civil do imperio Británico obrigouno a obter esa nacionalidade.
En 1882 foi ascendido a asistente de primeira clase no departamento de Zooloxía.
Retirado en 1920, Boulenger dedicouse ao estudo das rosas, publicando 34 artigos sobre temas de botánica e dous volumes sobre as rosas de Europa.
Metódico en extremo, tiña tal memoria que lle permitía recordar cada espécime e nome científico que vía. Hábil para escribir, rara vez os seus primeiros borradores precisaban correccións antes da súa publicación.
Polo seu oficio coñecía o grego e o latín, e falaba tamén francés, alemán e inglés, e lía en castelán, italiano e un pouco en ruso.
Cómpre destacar, en particular, os seus traballos sobre os peixes cavernícolas. En 1897, o rei Leopoldo II de Bélxica creou unha comisión para contratar naturalistas para a creación do Museo do Congo, confiándolle a súa dirección a Boulenger. O seu principal descubrimento foi, en 1921, un estraño peixe do Congo, cego e despigmentado. Identificouna como unha especie nova e describiuna en Nature. Dedicouna a un misterioso señor Geerts, a persoa que descubrira este animal. O nome deste peixe é Caecobarbus geertsii, do que o nome do xénero deriva de caeco = "cego" e barbus = "barbo". Así mesmo dedicou a Emílio Augusto Goeldi (1859-1917) a especie Flectonotus goeldii.
En 1921 Boulenger publicara 877 artigos científicos. Describiu 1.096 especies de peixes, 556 especies de anfibios e 872 especies de réptiles. Foi especialmente famoso polas súas monografías sobre anfibios, réptiles e peixes, sobre cuxas especies africanas era considerado o maior experto do mundo.
Faleceu en Saint-Malo, Francia, o 23 de novembro de 1937.
Algunhas publicacións 1891 - "Catalogue of the Reptiles and Batrachians of Barbary (Morocco, Algeria, Tunisia): based chiefly upon the notes and collections made in 1880–1884 by M. Fernand Lataste". Trans. of the Zoological Society of London 1894 - Catalogue of the Snakes in the British Museum (Natural History) . Vol. II. British Museum of Natural History 1895 - Catalogue of the Perciform Fishes in the British Museum. Centrachidae, Percidae and Serranideae. British Museum of Natural History 1896 - Catalogue of the Snakes in the British Museum (Natural History). Volume III. British Museum of Natural History 1897 - The Tailless Batrachians of Europe . Partes I & II. The Ray Society London 1903 - Batraciens de la Guineée Espagnole. Madrid 1905 - "A contribution to our knowledge of the varieties of the wall-lizard (Lacerta muralis) in Western Europe and North Africa". Trans. of the Zoological Soc. of London 1910 - Les batraciens et principalement ceux d'Europe. Octave Doin et Fils Paris 1912 - A vertebrate fauna of the Malay Peninsula from the Isthmus of Kra to Singapore, including the adjacent islands. Reptilia and Batrachia. Taylor & Francis, Londres 1913 - Snakes of Europe. Methuen Londres 1913 - "Second contribution to our knowledge of the varieties of the wall-lizard (Lacerta muralis") Trans. of the Zoological Soc. of London. 135–230 IIXX 1916 - "On the lizards allied to Lacerta muralis, with an account of Lacerta agilis and L. parva". Trans. of the Zoological Soc. of London. 104 VIII 1917 - "A revision of the lizards of the genus Tachydromus". Memoirs of the Asiatic Society of Bengal 207–234 II 1917 - "A revision of the lizards of the genus Nucras Gray". Ann. of the South African Museum 195–216 II 1920 - Monograph of the Lacertidae, vol. 1. British Museum of Natural History London 1921 - Monograph of the Lacertidae, volume 2 British Museum of Natural History London 1921 - "Liste des publications Ichthyologiques et Herpétologiques (1877–1920)". Ann. de la Societé royale Zoologique de Belgique. 11-88 1921 - Monograph of the Lacertidae, volume 1 Johnson Reprint (1966) Nova York / Londres 1921 - Monograph of the Lacertidae, volume 2 Johnson Reprint (1966) Nova York / Londres 1923 - Boulenger et al. A survey of the fauna of Iraq. Mammals, birds, reptiles, etc. made by members of the Mesopotamia Expeditionary Force "D" 1915–1919. Bombay Natural History Society Iraq & London 1923 - Boulenger et al. Étude sur les batraciens et les reptiles rapportés par M. Henri Gadeau de Kerville de son voyages zoologique es Syrie (avril–juin 1908). Ballière & Sons Paris
Honores En 1935 nomeárono primeiro membro de honor da Sociedade Norteamericana de ictiólogos e herpetólogos. En 1937 recibiu a medalla da Orde de Leopoldo, o máis alto honor concedido a un civil.
Algunhas especies dedicadas a G. A. Boulenger Boulengerochromis microlepis Boulengerina annulata Bryconaethiops boulengeri Boulengerella cuvieri Boulengerella lateristriga Boulengerella maculata Boulengerella lucius Boulengerella xyrekes Neolamprologus boulengeri Gonyosoma boulengeri Xenotilapia boulengeri Abreviaturas
A abreviatura Boulenger emprégase para indicar a George Albert Boulenger como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía. A abreviatura Boulenger emprégase para indicar a George Albert Boulenger como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Véxase tamén
Biografías David Meredith Seares Watson (1940): George Albert Boulenger. 1858-1937, Obituary Notices of Fellows of the Royal Society, 3 (8): 13-17. Max Poll (1966): "Notice sur George A. Boulenger". Annuaire de l'Acad. r. Belg., 133: 1-40. Max Poll (1966): "L'œuvre africaine de George-A. Boulenger". Bull. Séanc. Acad. r. Sci. Outre-Mer, nouv. sér., 12 (3): 546-555. Max Poll (1968): "Georges-Albert Boulenger". En : Florilège des sciences en Belgique pendant le XIXe siècle et le début du XXe Classe des Sciences, Académie royale de Belgique, Bruxelles, pp. 907–927. Max Poll (1973): "Boulanger Georges-Albert". En : Annuaire de l'Acad. r. Belg., 133: 191-228.
Ligazóns externas Fichero Internacional de Autoridades. Boulenger, George Albert, 1858-1937 en Library of Cogress'' (Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos). Obras de G. A. Boulenger en Worldcat. The Fauna Of British India, Reptilia And Batrachia by George A. Boulenger. Published 1890. L’œuvre de Georges Albert Boulenger. Les Planches de 1898, 1899 et 1901, ainsi que le fascicule de descriptions de 1909
Categoría:Científicos de Bélxica Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Botánicos de Bélxica Categoría:Botánicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos de Bélxica Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Nados en 1858 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Finados en 1937