MEO, anteriormente denominada como PT Comunicações e TMN, é unha empresa portuguesa de comunicacións fixas, móbiles, Internet e xestión de portais de Internet, fundada o 18 de setembro de 2000 polo grupo Portugal Telecom, responsábel da xestión e da marca comercial Meo, da xestión de portais de Internet, como o portal SAPO, e da xestión comercial da marca PT Empresas, para o segmento de PEME, grandes empresas e gobernamental.

En novembro de 2011 MEO alcanzou un millón de persoas suscriptoras. En xaneiro de 2014 a marca MEO substituíu TMN na operación de servizos móbiles.

Historia miniatura|Logotipo antigo da marca MEO en televisión, Internet e teléfono. MEO ten os seus comezos previamente coa empresa Telecomunicações Móveis Nacionais (TMN), constituída o 22 de marzo de 1991 como un operador de comunicacións móbiles do grupo Portugal Telecom.

Foi a primeira empresa do mercado portugués en contar cunha rede analoxica e, máis tarde, cunha rede dixital GSM. O 21 de abril de 2004 instala as primeiras redes de terceira xeración de móbiles coa tecnoloxía UMTS. Tamén conta cunha licenza para a prestación do servizo fixo de teléfono por acceso indirecto (que utiliza as redes da PT Comunicações e o prefixo 1096), que é actualmente comercializado como Fix Empresas.FixEmpresas http://www.tmn.pt/portal/site/negocios/menuitem.f98cdba8f5f4c38d607d8f6e851056a0/?vgnextoid=068d599e78593110VgnVCM1000005401650aRCRD&vgnextchannel=5f478b7a6bb03110VgnVCM1000005401650aRCRD&vgnextfmt=default7

O seu número de clientes leva crecendo velozmente a partir do ano 1997 e conta na actualidade con máis de 5,7 millóns de clientes no segmento móbil, polo que é unha das maiores neste segmento.

Debido ao aumento gradual do número de clientes, dispón hoxe en día de varias numeracións de teléfono cos prefixos 96 e 92.

Esta empresa foi a primeira operadora do mundo a introducir o concepto de tarxetas prepagamento, é dicir, pagar as comunicacións antes de que estas se fagan. O saldo vaise esgotando á medida en que as comunicacións se van facendo (voz, SMS, MMS, UMTS, etc.).

En xaneiro de 2014 anunciouse nos xornais que a Portugal Telecom acabaría coa marca TMN. A operadora substituíu a marca móbil pola marca de televisión, Internet e teléfono MEO .A TMN cambiou a súa denominación social a MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia, S.A.

Así a nova MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia pasa a ser a nova marca comercial e servizos MEO.

En xaneiro de 2015, a PT Portugal une a PT Comunicações coa MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia.

MEO (TMN) foi un dos dous primeiros operadores portugueses, xunto con Optimus, en lanzar a rede de telecomunicacións de Internet rápido 4G en Portugal, tendo así a mellor rede 4G en todo o Portugal.

UZO Portugal Telecom creou UZO, un operador móbil virtual en busca da simplicidade, que opera baixo a rede da compañía. Investiron máis de 5 millóns de euros no seu lanzamento. Ofrece tarifas máis competitivas ás compañías convencionais portuguesas (incluídas as tarifas da propia MEO), pero as mesmas compañías con rede propia, NOS e Vodafone Portugal, contan á súa vez con OMV propias.

Moche Portugal Telecom creou outra OMV chamada Moche, unha operadora móbil virtual para a xente nova, que opera baixo a rede da compañía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MEO- sitio web oficial da MEO. Uzo- sitio web oficial da Uzo.

Categoría:Empresas de Portugal Categoría:Empresas de telecomunicacións