Albacete-Los Llanos é a estación de ferrocarril da cidade española de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Entrou en servizo o 18 de decembro de 2010, tres días despois da inauguración do tramo Madrid-Albacete/Valencia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante. Ten amplos servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

É a estación de ferrocarril máis grande de Castela-A Mancha. Está situada na rúa Federico García Lorca, ao final da Avenida da Estación, moi preto da autovía A-31, nas inmediacións da estación de autobuses da capital, e a 10,5 km do aeroporto de Albacete.

Servizos Alta velocidade e longa distancia AVE Madrid-Puerta de Atocha - Alacant Alvia Alacant - A Coruña Alacant - Pontevedra Alacant - Santander Alacant - Xixón Madrid-Puerta de Atocha - Valencia-Joaquín Sorolla Altaria Madrid-Chamartín - Cartaxena Madrid-Chamartín - Murcia del Carmen Alaris Alcázar de San Juan - València-Nord Albacete-Los Llanos - València-Nord Talgo Barcelona-Estació de França - Sevilla-Santa Justa Madrid-Chamartín - Águilas Trenhotel Barcelona-Sants - Granada

Media distancia Intercity: Madrid-Atocha - Valencia-Joaquín Sorolla MD: Cidade Real - Alacant Rexional: Cidade Real - València-Nord MD: Madrid-Atocha - Albacete-Los Llanos

Véxase tamén

Ligazóns externas Información na páxina de Adif

Albacete Albacete Categoría:Albacete