Walking on a Dream é o primeiro álbum de estudio do grupo musical australiano Empire of the Sun, lanzado o 3 de outubro de 2008 por Capitol Records. O álbum foi producido polos membros do grupo Luke Steele e Nick Littlemore, xunto con Peter Mayes e Donnie Sloan.

Walking on a Dream recibiu once nomeamentos ós Premios ARIA 2009, gañando sete, incluído Álbum do ano. Unha edición especial do álbum, que contén un disco extra de remixes, B-sides e cancións inéditas, foi lanzado o 20 de novembro de 2009.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Empire of the Sun Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Virgin Records