Servando López Cao, nado nas Pontes de García Rodríguez en 1904 e finado no mesmo concello o 14 de marzo de 1981, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Industrial. Emigrou a Cuba aos trece anos. Retornou en 1928. Foi secretario de Xulgado en Laxe. Fundou a Sociedad Pompas Fúnebres e Galerías Cabero nas Pontes de García Rodríguez. Pertenceu á ORGA e despois presidiu o comité de Izquierda Republicana das Pontes. Foi concelleiro e en xuño de 1936 foi nomeado alcalde das Pontes logo da destitución de José Vilaboy Pajón. En xullo de 1936 viaxou a Madrid coa delegación galega para entregar o Estatuto de Autonomía ao presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Creou a empresa Mobilar e foi presidente da Asociación Provincial de Empresas de Carpintería e Ebanistería da Coruña. Finou nas Pontes de García Rodríguez o 14 de marzo de 1981.La Voz de Galicia, 19-3-1981, p. 60.

Vida persoal

Casou con María Enríquez Fuentes e foi pai de Carlos e Javier Servando López Enríquez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Os oficios de As Pontes a través do fondo documental Arquivo Diocesano de Mondoñedo

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes das Pontes de García Rodríguez Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ebanistas