Alfonso Alonso Aranegui, nado en Vitoria o 14 de abril de 1967, é un político español do Partido Popular. Foi alcalde de Vitoria entre 1999 e 2007, e deputado pola circunscrición de Áraba entre 2000 e 2001 e dende 2008. Entre 2008 e 2011 (IX Lexislatura) foi voceiro adxunto do PP no Congreso dos Deputados, e dende 2011 é o seu voceiro titular para a X Lexislatura do actual período democrático. En decembro de 2014 foi nomeado ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Traxectoria Familia e formación Natural de Vitoria, procede dunha influente familia desta cidade. O seu avó materno, Manuel Aranegui y Coll, foi presidente da Deputación de Áraba entre 1957 e 1966, durante a Ditadura franquista. A súa familia paterna provén en parte de Donostia, Alfonso Alonso é, sobriño-neto, entre outros, dos tenistas José María Alonso Areyzaga e Manuel Alonso de Areyzaga, así como de Asis Alonso Areyzaga, que foi tamén tenente-alcalde de Donostia. O seu pai, Ramón Alonso Verástegui, é pintor e reside en Tenerife dende 1975. Está casado e ten catro fillos.

Alfonso Alonso é licenciado en filoloxía románica e en dereito, e exerceu profesionalmente como avogado. En 1996 entrou no concello da súa cidade natal como concelleiro.

Alcalde de Vitoria Nas eleccións municipais de 1999 a súa candidatura foi a máis votada, de modo que accedeu á alcaldía. En 2000 encabezou a lista do seu partido por Áraba, pero en 2001 renunciou para centrarse no seu labor como alcalde. En 2003 volveu gañar as eleccións municipais. En 2007 a lista máis votada no concello de Vitoria foi a de Patxi Lazcoz do PSE-EE, que foi investido alcalde ao non presentar ningún partido (incluíndo o PP) candidato alternativo.

Deputado no Congreso e Ministro Encabezou de novo a lista do PP por Áraba nas eleccións xerais de 2008, formando parte da dirección do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados. Repetiu nas eleccións xenerais de 2011 e obtivo a vitoria na circunscrición de Áraba.

O 12 de decembro de 2011 foi proposto por Mariano Rajoy como voceiro do grupo popular no Congreso dos Deputados para a X Lexislatura, cargo que desempeñou dende o 13 de decembro dese mesmo ano. Tras a dimisión de Ana Mato como ministra de Sanidade polo caso Gürtel, o 3 de decembro de 2014 foi nomeado polo presidente Rajoy para substituíla nese posto.«Alfonso Alonso, novo ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade», RTVE, 2 de decembro de 2014.

Cargos desempeñados Concelleiro no Concello de Vitoria (1996-2008) Alcalde de Vitoria (1999-2007) Deputado por Áraba no Congreso dos Deputados (2000-2001) Voceiro do PP no Concello de Vitoria (2007-2008) Presidente do Partido Popular de Áraba (dende 2008) Deputado por Áraba no Congreso dos Deputados (dende 2008) Voceiro do PP no Congreso dos Deputados (dende 2011) Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (dende 2014)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Alcaldes de Vitoria Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1967 Categoría:Ministros de Sanidade de España Categoría:Políticos do PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)