Gonzalo Concheiro Coello, nado en Ordes en 1963, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria Fillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Irmán de Antonio Concheiro Coello. Nas eleccións municipais de 2003 concorreu como número dous da candidatura do PPdeG en Boimorto encabezada por Luís Verea e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do PPdeG que obtivo cinco concelleiros e foi a lista máis votada, pero non foi alcalde porque houbo un pacto entre o PSdeG e o BNG. En agosto de 2015 presentou unha moción de censura e foi elixido alcalde co apoio do concelleiro non adscrito José Balado, que se presentara ás eleccións como número tres do PSdeG. En maio de 2016 dimitiu como alcalde e concelleiro debido á súa implicación nunha suposta estafa a compañía de seguros ligada a accidentes de tráficoDimite el alcalde de Boimorto por su implicación en una investigación como médico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boimorto

Ligazóns externas «É fundamental o polígono para evitar a perda de habitantes». Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Boimorto Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes