Estudantes Independentistas (EI) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu en Galiza de 1995 a 2001"Agrupaciones extremistas fichadas por la policía coexisten en la Universidad de Vigo" , artigo en La Voz de Galicia, 19 de decembro de 2000..

Historia EI foi creado en 1995ESTOUTRAS: Breve resenha do independentismo estudantil por estudantes vinculados ás diversas correntes do independentismo. Presentouse ás eleccións na Universidade de Santiago de Compostela en 1996, conseguindo abundante representación e gañando as eleccións na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Os métodos de loita que empregaba EI eran as folgas estudantís e as manifestacións, tendo sempre un forte carácter anti-institucionalista. Durante a segunda década dos 90 a organización estendeuse a todas as cidades de Galiza, gañando representantes nas tres universidades.

EI sempre buscaba a máxima unidade acción cos Comités Abertos de Faculdade e o Movemento Estudantil Universitario. A partir do 2000 a organización buscou cada vez máis a unidade orgánica coas outras agrupacións estudantís independentistas. En 2001 fusionouse coa Federaçom Estudantil Revolucionária, a Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas e outros grupos para formar AGIR. Un importante sector da organización decidiu non unirse á AGIR.

Notas

Categoría:Independentismo galego Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Asociacións de estudantes Categoría:Organizacións políticas de Galicia