Alfredo Lorenzo López, nado en Lugo o 11 de setembro de 1873 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1943, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|Discurso leído en la apertura del curso académico de 1927 a 1928. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo e fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo, ordenándose presbítero en 1896. Estudou Dereito civil e canónico na Universidade Central. En 1905 foi nomeado cura ecónomo de San Nicolao de Portomarín, e dende 1907 foi catedrático de matemáticas e ciencias naturais do Seminario. Párroco de San Pedro de Lugo, foi beneficiado da Catedral de Lugo dende 1924 ata que en 1937 foi nomeado coéngo. Foi censor de La Voz de la Verdad do que tamén foi director en 1911 e 1927. Tamén foi redactor de El Norte de GaliciaEl Regional, 28-8-1913, p. 2. e colaborou en El Progreso. Fundou en 1917 o Museo Diocesano de Lugo e foi nomeado correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tamén foi director da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo.El Progreso, 12-5-1943, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá