Na tempada 2015-2016 disputouse a 83ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os sete equipos que ocupasen os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular. A UE Santboiana, que a esas alturas da liga ocupaba un deses sete primeiros postos, tiña pendente unha sanción que lle impedía disputar a Copa do Rei durante dous anos por mor da súa renuncia do ano anterior, de xeito que o dereito a participar nesta edición do torneo estendeuse ó oitavo equipo da liga. A final tivo lugar no Estadio José Zorrilla de Valladolid o día 17 de abril, e nela enfrontáronse os dous equipos da cidade, o V.R.A.C. e mailo C.R. El Salvador.El estadio José Zorrilla de Valladolid albergará la final de la Copa del Rey, artigo no xornal deportivo Marca. O resultado foi de 13-9 a prol do conxunto "chamizo", que gañou así a súa sétima Copa do Rei. Formato O formato do torneo conta con 3 fases eliminatorias: Cuartos de final: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O VRAC, campión de liga e copa o ano anterior, quedou exento desta fase eliminatoria debido á súa falta de datas por mor da participación do equipo en competicións europeas. Semifinais: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O VRAC tivo que aceptar a condición de xogar esta eliminatoria como visitante a cambio de quedar exento na fase de cuartos de final. Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.
Participantes Os sete equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os sete primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta, coa excepción da UE Santboiana, sancionada.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta. VRAC e Barcelona tiñan un encontro adiado. Os sete equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul: PostoEquipoPuntosPXPGPEPPP+P-BOBD 1º. VRAC43 10 9 0 1 332 178 7 0 2º. El Salvador 42 11 9 0 2 399 228 6 0 3º. Alcobendas39 11 8 0 3 335 230 6 1 4º. Santboiana 37 11 7 0 4 372 233 6 3 5º. Independiente 34 11 7 0 4 312 237 5 1 6º. Cisneros 33 11 7 0 4 282 250 4 1 7º. Ordizia 29 11 5 0 6 297 281 5 4 8º. Getxo22 11 4 0 7 252 350 5 1 9º. Hernani 19 11 4 0 7 182 389 3 0 10º. Barcelona 15 10 3 0 7 190 314 1 2 11º. Gernika 13 11 2 0 9 249 347 1 4 12º. CRC 5 11 0 0 11 182 347 1 4
Torneo miniatura|dereita|320px|Encontro de semifinais entre o Independiente R.C. e o C.R. El Salvador en Santander. 320px|miniatura|O público de Valladolid encheu o Estadio José Zorrilla (26.100 espectadores) para ver a final entre os dous equipos da cidade, El Salvador e VRAC. Cuartos de final: Encontro único (10 de xaneiro de 2016) Getxo 19-27 Independiente El Salvador 12-6 Cisneros Ordizia 13-32 Alcobendas VRAC exento Semifinais: Encontro único (31 de xaneiro de 2016) Independiente 12-26 El Salvador Alcobendas 20-25 VRAC Final: Encontro único (17 de abril de 2016) El Salvador 13-9 VRAC Cadro da competición Cuartos de finalSemifinaisFinal Getxo '''19 '''Independiente '''27 Independiente''' '''12 El Salvador '''26 El Salvador '''12 Cisneros '''6 '''El Salvador '''13 VRAC '''9 Ordizia '''13 '''Alcobendas '''32 Alcobendas '''20 '''VRAC '''25 '''VRAC ''
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos
2016 Categoría:Rugby en 2016