thumb|Mapa que mostra os condados floridanos que poden ser incluídos por referencias na Franxa de Florida. thumb|right|220px|Unha carta náutica de 1859 do "U.S. Coast Survey" do Estreito de Saint George Sound, a parte costeira do Parque Forestal Estatal de Tate's Hell, ao suroeste de Tallahassee, ao longo da Franxa de Florida. Florida Panhandle é un nome non oficial para designar a parte noroeste de Florida, unha banda de terra de aproximadamente 320 quilómetros de longo e de 80 a 160 quilómetros de largo que se estende entre Alabama ao norte e oeste, Xeorxia tamén ao norte, e o golfo de México ao sur. A súa fronteira oriental defínese arbitrariamente e pode variar. Os nomes West Florida e Northwest Florida son hoxe por hoxe sinónimos da Franxa, aínda que Florida Occidental foi o nome dunha colonia británica (1763–1783) que logo se converteu nunha colonia española (1783–1821), incluíndose ámbalas dúas hoxe en día nas terras ao oeste do río Apalachicola así como en partes do que hoxe é Alabama, Mississippi e Parroquias de Florida (en Luisiana). O territorio é equivalente a unha rexión vernácula. Como sucede no caso dos outros oito estados dos Estados Unidos que posúen franxas (), o significado xeográfico deste termo é inexacto e elástico. As referencias á Franxa de Florida inclúen sempre os dez condados ao oeste do río Apalachicola, unha fronteira natural que foi a división histórica entre as colonias británicas de Florida Occidental e Florida Oriental. Estes condados occidentais tamén atópanse na Zona Horaria Central (coa excepción do Condado de Gulf, que ficou dividido entre as zonas horarias Oriental e Central), mentres o resto do Estado está na Zona Horaria Oriental.
As referencias á Franxa poden incluír tamén algúns ou mesmos todos dos oito contados situados inmediatamente ao leste do Apalachicola, coñecidos como a rexión do Big Bend, ao longo da curva que describe a Baía de Apalache. A maior cidade na Franxa é Tallahassee, a capital do estado, con 188.107 habitantes en 2014. Porén, o maior grupo metropolitano de poboación é a Área Metropolitana de Pensacola, cunha poboación de 474.081 habitantes. A poboación total da Franxa, segundo Censo dos Estados Unidos de 2010, era de 1.407.925 habitantes.
Rexións costeiras Emerald Coast
dereita|miniatura|Localización de Emerald Coast. O nome Emerald Coast acuñouse en 1983, para referirse en xeral ás praias e os complexos hoteleiros que hai de Pensacola a Port Saint Joe, pero ás veces emprégase para referirse, por extensión, á Franxa no seu conxunto, especialmente ao oeste do Apalachicola. As primeiras denominacións desta área foron as do "Patio de Recreo da Costa do Golfo" () e a "Banda do Milagre" (), sobre todo para a área entre Fort Walton Beach e Panama City. As áreas costeiras dos seguintes condados (cando non os propios condados por enteiro) son incluídas normalmente nesta rexión vernácula cando se fala da Costa Esmeralda: Condado de Okaloosa Condado de Santa Rosa Condado de Walton
Porcións costeiras do Condado de Escambia (en particular Pensacola Beach), na fronteira occidental, e porcións costeiras do Condado de Bay, na fronteira oriental, son tamén a miúdo incluídas nesta rexión ao falar da Costa Esmeralda, pero con menor frecuencia que os tres condados enumerados con anterioridade.
Forgotten Coast
dereita|miniatura|Forgotten Coast O nome Forgotten Coast é unha denominación comercial creada a principios da década de 1990 Buscando neste sitio web atopamos que a "primeira vez en ser usado comercialmente" ocorreu en 1992. En ABCofC rexistrouse a marca en 2009. coa intención de referirse á parte costeira da Franxa de Florida que se estende desde Mexico Beach ou o sueste do Condado de Bay, no golfo de México, a Saint Marks, na Baía Apalache. Habitualmente non se considera unha parte da Costa Esmeralda, que se sitúa ao seu carón ao oeste. As áreas costeiras dos seguintes condados (cando non os propios condados por enteiro) son incluídas normalmente nesta rexión vernácula cando se fala da Costa Esquecida: Condado de Gulf Condado de Franklin Condado de Wakulla unha pequena parte do Condado de Bay
Características da rexión O río Apalachicola é o río máis longo da Franxa. Está formado pola unión de varios ríos, incluíndo o Chattahoochee e o Flint, onde conflúen as fronteiras de Alabama, Georgia e Florida. Desde aquí, flúe cara ao sur ata a cidade de Apalachicola.
A Interestatal 10 é a maior estrada interestatal da Franxa, conectando o extremo oeste con Florida do Norte e Jacksonville. Outras vellas rutas que van do leste para o oeste son a U.S. Highway 90 e a U.S. Highway 98. Importantes rutas norte-sur ao oeste do río Apalachicola son as U.S. Highway 29, U.S. Highway 331 e U.S. Highway 231, todas enlazadas con Alabama e a Interestatal 65. A Estrada Estatal 20 discorre desde Niceville a Tallahassee.
A maior liña de ferrocarril que atravesa a Franxa, indo desde Pensacola a Jacksonville, está xestionada pola compañía de ferrocarril CSX (véxase o artigo Ferrocarril do Atlántico e Pensacola). O servizo de pasaxeiros rematou en 1971 coa creación de Amtrak, pero foi restablecido a principios de 1993 coa extensión do tren de pasaxeiros chamado Sunset Limited a Orlando. Non obstante, o servizo de pasaxeiros suspendeuse despois de que o Furacán Katrina barrese a Costa do Golfo en 2005. Os tren rexionais de proximidades que funcionan na Franxa son o Ferrocarril da Costa do Golfo e Alabama, o Ferrocarril de Liña da Baía e o Ferrocarril AN.
Como Florida do Norte Central, esta rexión é máis semellante en termos culturais e climáticos ao Deep South () que á Florida do Sur, na propia península, sendo coñecida pola súa política conservadora e os "bosques de piñeiros" Un artigo de 1972 publicado en Newsweek referiuse ao Senador dos Estados Unidos Lawton Chiles dicindo que "en 1958 foi elixido á Lexislatura estatal polo ultraconservador bosque-de piñeiros da Franxa de Florida"..
Historia
Século XIX Ao longo do século XIX, a Franxa de Florida estaba escasamente poboada, salpicada ao longo do territorio de pequenas comunidades agrícolas, non chegando ningunha delas ao millar de residentes. Moitos deles, de feito, migraron da área de Alabama e tiñan parentes alí, polo que para eles era máis sinxelo comerciar co sur de Alabama que co resto de Florida Oriental, debido ademais ao lenta e ardua viaxe que había a través dos pantanos con grosos cipreses e densos bosques de piñeiros da Franxa. Era case natural para os floridanos do oeste sentir que tiñan máis en común cos seus veciños de Alabama que cos residentes da península, a centos de quilómetros deles.
En 1821, Pensacola foi a única cidade (en criterios do século XIX) da Florida Occidental cunha poboación estimada nunhas tres mil persoas. No Censo de 1850, a poboación de Pensacola era de 2.164 habitantes (incluíndo a 741 escravos e 350 "negros liberados").
Proposta de anexión a Alabama Durante o transcurso do século, formuláronse a miúdo propostas para ceder os condados floridanos ao oeste do río Apalachicola ao estado de Alabama: En 1811, mentres Florida era aínda unha posesión española, os norteamericanos residentes enviaron unha petición ao Congreso solicitando a súa incorporación ao Territorio de Mississippi, que daquela incluía a actual Alabama (véxase o artigo Florida Occidental). En 1819, a convención constitucional de Alabama solicitou ao Congreso incluír Florida Occidental no seu novo estado. En 1822, só un ano despois de que os Estados Unidos adquiriran por completo o territorio de Florida de España, os residentes de Florida Occidental enviaron unha petición á Cámara de Representantes dos Estados Unidos solicitando que a súa sección fora anexada a Alabama, e o Senador por Alabama John Williams Walker tamén promoveu a idea. En 1826, a Pensacola Gazette publicou un bo número de cartas avogando pola anexión a Alabama, aínda que o editor salientou que algúns pensacolianos se oponían á idea. En 1840, unha reunión pública en Pensacola deu como resultado a demanda de que a Florida Occidental se unise a Alabama. No mesmo ano, a Lexislatura territorial informou ao Congreso de que se opoñía a permitir que Alabama se anexionase Florida Occidental; pero, en 1844, o ano anterior á súa constitución como Estado, a Lexislatura mudou a súa postura e pediu a separación de Florida Occidental. En 1856, defensores da anexión foron capaces de conseguir un proxecto de lei da Lexislatura autorizando un referendo sobre o tema, pero o Gobernador James E. Broome vetou a medida. A Pensacola Gazette informaba que "a anexión é desexada por unha grande maioría da xente" da zona. En 1858, a Lexislatura de Alabama tentou infrutuosamente abrir negociacións con Florida sobre o asunto. O tema da anexión foi eclipsada pola Guerra Civil e os efectos da guerra na rexión; pero, en 1868, con Pensacola conectada polo único ferrocarril da Franxa ás cidades de Alabama de Mobile e Montgomery, o tema afrontouse de novo e foi finalmente presentado ao voto do pobo. Nese ano, a Lexislatura de Alabama aprobou unha resolución conxunta autorizando ao seu Gobernador a negociar co Gobernador de Florida sobre a anexión de Florida Occidental. Incluíuse unha oferta dun millón de dólares en bonos estatais de Alabama, co pago do 8% de interese a trinta anos. Ambos estados designaron comisarios que fixeran detalladas recomendacións sobre o asunto. O 2 de novembro de 1869, celebrouse un referendo nos condados de Florida Occidental (excepto no de Jackson, que estaba azoutada por un longo episodio de violencia racial sanguenta), co resultado de 1.162 votos a 661 a favor da anexión. Porén, puxéronse obxeccións en Alabama ao alto prezo que suporía executala decisión, así que a Lexislatura non levou a cabo ningunha acción tras o resultado do referendo Véxase o artigo Anual Cyclopaedia.. En 1873, unha proposta similar foi feita na Lexislatura de Alabama, coa aprobación do Senado estatal, aínda que non foi aprobada unha proposta separada para financiar a medida a través da venda do territorio de Alabama ao oeste do río Tombigbee, incluíndo a cidade de Mobile, ao estado de Mississippi. Non obstante, nada resultou desta acción. En 1901, Alabama aínda fixo outra oferta cando a Lexislatura designou unha comisión para negociar con Florida sobre a anexión, pero este intento, tamén, foi infrutuoso.
A construción do Ferrocarril Atlántico e de Pensacola, rematado en 1883, finalmente uniu Pensacola e a Franxa solidamente co resto do Estado e acabou co seu tradicional illamento, aínda que de cando en vez durante o século XX houbo ocasionais chamadas á anexión que xeraron algún debate público, pero ningunha acción lexislativa.
Século XX A área foi o primeiro obxectivo da Tormenta do Século de 1993. Furacáns que golpearon directamente esta zona foron, por exemplo, o Furacán Eloise en 1976, o Furacán Erin e o Furacán Opal, ámbolos dous en 1995.
Século XXI A Franxa de Florida sufriu directamente os golpes dos furacáns Ivan en 2004 e Dennis en 2005. Iván foi o máis desastroso, facendo terra moi preto de Gulf Shores, con ventos de 193 km/h e asolagamentos de máis de 4 metros de altura que devastaron Perdido Key e a illa Santa Rosa, destruíndo a ponte da Interestatal 10 sobre a Baía Escambia, e esnaquizando miles de fogares na rexión, algunhas a máis de 30 quilómetros no interior.
O 23 de xuño de 2010, petróleo procedente da vertedura do Deepwater Horizon chegou a Pensacola Beach e Navarre Beach, danando ás industrias da pesca e o turismo, e levando a un ímprobo esforzo para a súa limpeza.
Economía