Florida Occidental (, ) foi unha rexión na beira norte do golfo de México, que foi sometida a varios cambios nas súas fronteiras e soberanía ao longo da súa historia. A provincia foi fundada polos británicos en 1763 coas terras cedidas por españois e franceses. Como o seu nome suxire, formouse a partir da parte occidental da antiga Florida española (a Florida Oriental constituíuse na parte leste), xunto con terras tomadas da Louisiana francesa. A capital de Florida Occidental foi Pensacola. A colonia incluíu a maior parte do que hoxe é a Florida Panhandle, ademais de partes dos actuais estados de Louisiana, Mississippi e Alabama.
Gran Bretaña fundou as Florida Occidental e Florida Oriental a partir de terras arrebatadas ao Reino de Francia e España despois da Guerra franco-india. Como o novo territorio adquirido era demasiado grande para ser gobernado desde un só centro administrativo, os británicos dividírono en dúas novas colonias separadas polo río Apalachicola. O goberno da Florida Occidental británica estableceuse en Pensacola, incluíndo a colonia a parte da antiga Florida española que estaba ao oeste do Apalachicola, engadíndolle partes da antiga Luisiana francesa. Polo tanto, comprendía todo o territorio situado entre os ríos Mississippi e Apalachicola, cunha fronteira setentrional que mudou varias veces ao longo dos seguintes anos.
Tanto a Florida Occidental como a Oriental permaneceron leais á Coroa Británica durante a Revolución Americana, e serviron como refuxio para os tories que fuxían das Trece Colonias. España invadiu a Florida Occidental e tomou Pensacola en 1781 e, despois da guerra, Gran Bretaña cedeu ambas Floridas aos españois. Porén, a falta dunha definición precisa dos límites da fronteira deu orixe a unha serie de disputas fronteirizas entre a Florida Occidental española e os recentemente independizados Estados Unidos coñecida como a Controversia de Florida Occidental. Desacordos co goberno español levaron aos colonos americanos e británicos situados entre o Mississippi e o Perdido a declarar en 1810 a esa área independente, baixo o nome de República de Florida Occidental. Ao pouco, esta república foi anexionada polos Estados Unidos, que reclamou a rexión como parte da Compra de Luisiana de 1803. En 1819, os Estados Unidos negociaron a compra do que restaba da Florida Occidental e de toda a Florida Oriental no Tratado de Adams–Onís, e en 1822 ambas fusionáronse no Territorio de Florida.
Antecedentes A área coñecida como Florida Occidental foi reclamada orixinalmente por España como parte de La Florida, que incluía moito do que hoxe é o sueste dos Estados Unidos. España fixo moitos intentos de conquistar e colonizar esa área, incluíndo o breve asentamento de 1559 de Tristán de Luna, pero sen lograr un asentamento permanente ata o século XVII, coa chegada das misións ao territorio dos apalaches. En 1698 fundouse Pensacola coa intención de frear a expansión francesa na zona.
A partir de finais do século XVII os franceses fundaron poboacións na rexión como parte da colonización de Luisiana, incluíndo especialmente lugares como Mobile (1702) e Fort Toulouse (1717) no actual estado de Alabama. Despois de anos empregando o río Perdido (a fronteira actual entre Florida e Alabama) como liña fronteiriza, acordouse que esa sería a raia entre a Luisiana francesa e a Florida española.
Nas negociacións do tratado que concluiría a Guerra franco-india (no contexto da Guerra dos Sete Anos), Francia cedeu a Inglaterra a parte ao leste do río Mississippi da Luisiana, quedando expresamente excluído Île d'Orléans, que incluía Nova Orleáns. Esta transferencia produciuse a cambio de Cuba, que os británicos capturaran durante a guerra. Como resultado, nas seguintes dúas décadas os ingleses controlaron case toda a costa do golfo de México ao leste do río Mississippi. A maior parte da poboación española abandonou Florida nese momento e o seu goberno colonial trasladouse á Habana (Cuba).
Un tratado separado transferiu o resto da Luisiana francesa a España.
Período colonial 250px|miniatura|upright=1.5|Mapa de Las Floridas –Occidental e Oriental– españolas a inicios do 1800. Nótese que o territorio do Mississippi era reivindicado polos españois. 250px|miniatura|upright=1.5|As Floridas Occidental e Oriental –aínda españolas– cara a 1810. miniatura|250px|Mapa publicado en 1898 mostrando os cambios territoriais da "Florida Occidental"
Era británica
Sendo este novo territorio demasiado grande para gobernar como un só, os británicos o dividiron en dúas novas colonias, Florida Occidental e Florida Oriental, separadas polo río Apalachicola, como se establece na Proclamación Real de 1763. Florida Oriental formouse coa maior parte da antiga Florida Española e mantivo a vella capital española en Saint Augustine. Florida Occidental englobou a terra comprendida entre os ríos Mississippi e Apalachicola, con Pensacola como capital. A fronteira norte foi establecida dun xeito arbitrario no Paralelo 31º N.
Moitos angloamericanos e americanos irlando-escoceses trasladáronse a este territorio neste momento. O Gobernador de Florida Occidental en novembro de 1763 foi George Johnstone, sendo o seu vicegobernador Montfort Browne, que foi un importante terratenente da provincia, quen promoveu o seu forte desenvolvemento. Sete Asembleas Xerais convocáronse entre 1766 e 1778.
En 1764, os británicos moveron a fronteira á latitude 32° 22′ norte, estendéndoa do río Yazoo ao río Chattahoochee, que incluía o Distrito Natchez e o Distrito Tombigbee. A zona anexada incluía aproximadamente a metade inferior dos actuais estados de Mississippi e Alabama. Moitos novos colonos chegaron seguindo a estela das guarnicións británicas, aumentando a poboación. En 1774 o Primeiro Congreso Continental enviou cartas invitando a Florida Occidental a enviar delegados, pero a súa invitación foi declinada debido a que a poboación era abrumadoramente Lealista. Durante a Guerra da Independencia, o Gobernador de Florida Occidental era Peter Chester e o comandante das forzas británicas era John Campbell. A colonia foi atacada en 1778 pola Expedición Willing.
Era española
España intervino na Guerra de Independencia do lado de Francia e os Estados Unidos. Bernardo de Gálvez, gobernador da Luisiana española, liderou unha campaña militar ao longo da Costa do Golfo, arrebatando aos británicos en 1779 Baton Rouge e Natchez, Mobile en 1780 e Pensacola en 1781.
No Tratado de París de 1783, que pechou a guerra, os británicos accederon a situar a fronteira entre os Estados Unidos e a Florida Occidental no paralelo 31º Norte entre os ríos Mississippi e Apalachicola. Gran Bretaña tamén devolveu ambas provincias de Florida a España, que continuou a mantelas como colonias separadas. Non obstante, o tratado non especificou con claridade as fronteiras, dando orixe á Controversia de Florida Occidental. España reclamou a fronteira ampliada de 1764, mentres os Estados Unidos sostiñan que os límites eran os marcados polo paralelo 31. As negociacións de 1785–1786 entre John Jay e Diego de Gardoqui finalizaron sen chegar a ningunha conclusión satisfactoria. A polémica foi finalmente resolta en 1795 polo Tratado de San Lorenzo, no que España recoñeceu o paralelo 31 como a fronteira.
No secreto Tratado de San Ildefonso de 1800, España devolveu Luisiana a Francia; porén, as fronteiras tampouco ficaron fixadas neste tratado. Despois de que Francia vendera a Luisiana aos Estados Unidos en 1803, emerxeu unha nova disputa fronteiriza. Os Estados Unidos reclamaban o territorio que ía desde o río Perdido ao río Mississippi, que os americanos pensaban que fora unha parte da vella provincia da Luisiana cando os franceses a cederan no 1763. Os españois insistiron que eles detentaban a administración desa parte da provincia de Florida Occidental e que non pertencía ao territorio devolto a Francia en 1800 Texto do Tratado Adams-Onís de 1819, publicado polo The Avalon Project..
República de Florida Occidental
miniatura|right|A bandeira Bonnie Blue da República de Florida Occidental. Os Estados Unidos e España mantiveron longas negociacións non concluíntes sobre o status da Florida Occidental. Mentres tanto, os colonos americanos estableceron un punto de apoio na zona e resistíronse ao control español. Algúns colonos británicos que quedaran, tamén resistíronse á dominación española, chegando a unha rebelión en 1810 e ao establecemento dos 74 días da República de Florida Occidental.
O 23 de setembro de 1810, despois das reunións que deron comezo en xuño, os rebeldes derrotaron a gornición española de Baton Rouge e despregaron a bandeira da nova república: unha estrela branca solitaria nun campo azul. Esta bandeira foi confeccionada por Melissa Johnson, esposa do Maior Isaac Johnson, comandante dos Dragóns de Florida Occidental. Foi coñecida máis adiante como a "Bandeira Bonnie Blue", e está considerada a inspiradora da bandeira de Texas e mesmo foi chamada tamén a bandeira da Estrela Solitaria, como a texana.
As fronteiras da República de Florida Occidental incluían todo o territorio ao sur do paralelo 31° N, ao leste do río Mississippi e ao norte da canle fluvial formada polo río Iberville, o río Amite, o Lago Maurepas, o Pass Manchac, o Lago Pontchartrain e o estreito dos Rigolets. O río Pearl cun ramal que desembocaba nos Rigolets formaban a fronteira oriental da república.
Anexión estadounidense do territorio miniatura|right|300px|Florida Occidental circa 1810, hoxe dividida entre tres Estados.
O 27 de outubro de 1810, o Presidente dos Estados Unidos, James Madison, proclamou a anexión da República de Florida Occidental, baseándose nunha feble reclamación de que o territorio formaba parte da Compra de Luisiana (véxase máis abaixo o apartado A reclamación dos EE. UU.). O goberno de Florida Occidental opúxose á anexión, preferindo negociar os termos do ingreso na Unión. O Presidente Fulwar Skipwith proclamou que estaba listo para "morrer en defensa da bandeira da Estrela Solitaria"Véxase a imaxe da "Bandeira Bonnie Blue". A República de Florida Occidental tamén foi coñecida como a República da Estrela Solitaria. William Charles Cole Claiborne foi enviado para tomar posesión do territorio, entrando coas súas forzas na capital, Saint Francisville, o 6 de decembro e en Baton Rouge o 10 de decembro. Claiborne, con todo, rexeitou recoñecer a lexitimidade do goberto de Florida Occidental, e Skipwith e o Parlamento remataron por aceptar a proclamación de Madison. A parte do territorio ao oeste do Río Pearl foi incorporado ao novo Territorio de Orleans o 14 de abril de 1812 Libro incluído na redirección da páxina web da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, que leva por título "A Century of Lawmaking for a New Nation: U.S. Congressional Documents and Debates, 1774 - 1875". Os datos contense no subtítulo "An Act to enlarge the limits of the state of Louisiana"..