Jesús Barros Martínez, nado na Gudiña en 1940 e finado na mesma vila o 4 de outubro de 2015, foi un político galego de centro-dereita, alcalde da Gudiña e deputado.

Traxectoria Fillo dos donos dunha tenda de ultramarinos na Gudiña, estudou no Colexio Cardenal Cisneros de Ourense. Profesionalmente foi empresario e empregado de banca, onde chegou a dirixir unha oficina do Banco Central Hispano.

Durante o franquismo foi designado alcalde da Gudiña en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas de 1979 encabezou a candidatura de UCD á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde por maioría absoluta. En 1983 volveuse presentar, neste caso encabezando a candidatura de Coalición Galega, e de novo resultou elixido alcalde, se ben desta volta con maioría simple. Durante esa lexislatura simultaneou o cargo co de deputado provincial.

Nas eleccións de 1987 foi relevado por Guillermo Lago, se ben continuou como concelleiro e como tenente de alcalde. Despois de abandonar a corporación municipal afiliouse ao PPdeG, formación política á que continuou vencellado ata o remate da súa vida. Nas elección xerais de 1993 figurou na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados, como número 3, e se ben non resultou elixido inicialmente, accedeu á Cámara Baixa en 1995 en substitución de Manuel Cabezas. Nas seguintes eleccións, en 1996 sucedeulle algo parecido: figurou de número 3, non foi elixido, pero acabou substituíndo, xa dende xuño de 1996 a Jesús de Juana. Durante o seu paso polo Congreso foi un dos poñentes do cambio de denominación oficial das provincias de Ourense e da Coruña dereita|miniatura|Nicho no cemiterio da Gudiña. Vinculado durante moitos anos á Cruz Vermella como voluntario, logo da súa retirada da política foi vicepresidente da entidade na provincia de Ourense.

Galardóns Recibiu a Medalla de Galicia (categoría de bronce) en 2002.

Vida persoal Casou e tivo tres fillos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Gudiña Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes da Gudiña Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)