O Ficheiro Integrado de Autoridades () ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos.
Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá. O sistema GND está baixo a licenza Creative Commons Zero (CC0).
A especificación GND fornece unha xerarquía de entidades de alto nivel e subclases, útiles nas clasificacións das bibliotecas, e un sistema para a identificación sen ambigüidades de elementos únicos.
Tornouse operacional en abril do ano 2012, e integra o contido doutros ficheiros de autoridades que dende entón xa non están en uso: Personennamendatei (PND) Gemeinsame Körperschaftsdatei (GKD) Schlagwortnormdatei (SWD) Einheitssachtitel-Datei des Deutschen Musikarchivs (DMA-EST)
Notas
Categoría:Biblioteconomía Categoría:Identificadores