Bárbara Reyzábal González-Aller, nada en Madrid o 28 de marzo de 1982, máis coñecida como Barei, é unha cantante española. Foi a representante de España no Festival de Eurovisión 2016 coa canción "Say Yay!".

Traxectoria

2013-2015: Segundo álbum de estudio 'Throw The Dice' Fortemente influenciada polo pop británico e estadounidense, o funk e soul, Barei comezou a forxar novas composicións. Partindo desde os seus novos ángulos musicais e perspectivas, o seu segundo single "Another´s Life" significou a continuidade dos fitos que unen a vida dunha persoa. O desafío "Single a Single" permitiu que o seu público tivese unha relación máis próxima ás súas loitas, e compartir con ela os seus triunfos e aprendizaxe. “Another’s Life” alcanzou o Top 30 da lista de iTunes das cancións máis populares, e o seu videoclip en Youtube (que chegou a máis de 600.000 reproducións) foi titulado como un dos lanzamentos máis importantes da escena musical española.

2016-presente: Candidata a representar a España en Eurovisión 2016 O 29 de decembro de 2015, RTVE anuncia que Barei é unha dos 6 candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2016 que terá lugar en Estocolmo en maio de 2016. O 19 de xaneiro de 2016, déronse a coñecer fragmentos das 6 cancións candidatas a representar a España. A canción de Barei é Say Yay!, composta por ela mesma, Rubén Villanueva e Víctor Púa. Say Yay! é un up tempo en inglés e que presenta unha tendencia cara ao soul.http://www.rtve.es/television/20160119/escucha-euroavance-canciones-aspirantes-eurovision-2016/1286221.shtml O 1 de febreiro de 2016 ás 22:30 en La 1, tivo lugar a gala de selección do representante, chamada Objetivo Eurovisión e presentada por Anne Igartiburu, que contou con xurado nacional, internacional e televoto. Barei gañou a gala Objetivo Eurovisión con 114 puntos.

Barei acabou no posto 22 no Festival de Eurovisión 2016 celebrado o 14 de maio, cun total de 77 puntos, 67 do xurado e 10 de televoto.Barei, posto 22 en Eurovisión 2016, empeora a Edurne

Discografía Álbums de estudio Billete Para No Volver (2011) Throw The Dice (2015)

Singles Foolish Nana (2013) Throw the Dice (2015) You Fill Me Up (2015) Another's Life (2015) Time To Fight (2015) Say Yay! (2016)

Notas

Véxase tamén Outros artigos España no Festival de Eurovisión Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Cantantes da Comunidade de Madrid