Francisco Salgado de Somoza, nado na Coruña contra 1595 e finado en 1664 foi un xurisconsulto e abade galego.

Traxectoria Salgado exerceu a avogacía na Real Audiencia da súa cidade natal e posteriormente marchou a Madrid, onde chegou precedido de gran fama, e tivo ao seu cargo por un tempo a vigairía do arcebispado de Toledo.

Filipe IV, estimando a rectitude e ilustración de Salgado, nomeouno xuíz en Sicilia. Iniciou a viaxe, mais ao chegar a Xénova soubo que fora nomeado para outro cargo en Valladolid, onde exerceu como xuíz.

Máis tarde, foi membro do Consello de Facenda e no Concello de Castela, no que estivo durante algúns anos. Posteriormente, arelando descansar deixou o posto e aceptou a abadía de Alcalá en Granada que lle concedeu o mesmo rei.

Véxase tamén Bibliografía Montaner y Simón (editores).- Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano, Barcelona, 1887-1910. Alcalá-Zamora y Castillo, Niceto.- Un español mal comprendido: Salgado de Somoza, en la literatura alemana sobre el concurso de acreedores, Madrid: Javier Morata, 1932. Añoveros Trias de Bes, Xavier.- Salgado de Somoza, un precursor de la moderna doctrina del derecho concursal, Madrid: Civitas, 1996. Alonso, Santiago.- El Pensamiento regalista de Francisco Salgado de Somoza...., Salamanca: C.S. de I.C., 1973. Conde de Prado (Joseph Bernardo Quirós).- Nuevo promotor de la Real Protección: disertación teologico-jurídica y crítica contra el Sr. Salgado y otros,.., Salamanca, 1758. Forster, W..- Konkurs als Verfahren: Francisco Salgado de Somoza...., Colonia, 2009. García de la Puerta López, María Isabel.- Apunte biográfico del abad don Francisco Salgado de Somoza...., Codex, 2002. Gisbert Terol, Ana.- Catálogo de obras impresas en el siglo XVI de la Biblioteca General e Histórica de la Universitat de València, Valencia, 1992, 2 volumes. Pulgar Ezquerra, Juana.- La Declaración del concurso de acreedores, Madrid, 2005. Torijano Torijano, Eugenia.- Juristas de Salamanca, siglos XV-XX, Salamanca, 2009. Ligazóns externas Tesoros bibliográficos del Consorcio Madroño

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1664