Francisco de Trillo y Figueroa, nado en Cervás (Ares) en 1618 e finado en Granada en 1680 foi un poeta culteranista e historiador galego en lingua castelá.
Traxectoria Trillo naceu en 1618 no castelo de San Martiño, en Ares. En 1632 a súa familia trasladouse a Granada, onde frecuentou ambientes literarios e estableceu amizade co poeta Pedro Soto de Rojas, do que prologou o libro Jardín cerrado. Seguiu a carreira das armas e foi soldado en Italia e posiblemente en Flandres, mais abandonou esta vida e volveu a Granada para dedicarse ás letras. Foi influído por Luis de Góngora e a estética do Culteranismo e consagrouse a traballos eruditos. Faleceu en Granada en 1680.
Obras Escribiu unha epopea culta, Neapolisea: poema heroyco y panegirico al Gran Capitan Gonzalo Fernández de Cordoua (Granada: por Baltasar de Bolívar e Francisco Sánchez, 1651), sobre a figura e fazañas de Gonzalo Fernández de Córdoba, o "Gran Capitán". O seu estilo culterano desgustou o crítico Marcelino Menéndez Pelayo. Ese estilo tamén se advirte en Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652), colección que inclúe traducións de Anacreonte, composicións inspiradas na Biblia e unha Fábula de Leandro procedente de Ovidio. Foi tamén un poeta festivo e satírico ao estilo de Góngora. Consérvase unha Historia de Granada da súa autoría no Museo Británico.
Véxase tamén Ligazóns externas Obras de Trillo na Biblioteca Virtual Cervantes Primeira edición de Neapolisea na biblioteca da Universidade de Granada Biografías y vida
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ares Categoría:Nados en 1618 Categoría:Finados en 1680 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público