A Columna Lactaria era unha columna situada no Foro Holitorio, ou mercado de produtos agrícolas.

Historia O gramático romano Festo di que se chamaba así "porque alí levaban bebés para alimentalos con leite"Richardson (1992), p, 94 e as nais levaban a ela os seus fillos por un principio de superstición. Semella que era unha organización benéfica pública onde os pais pobres podían obter leite para os seus bebés, ou un lugar central para localizar e contratar nodrizas. esquerda|miniatura|Fresco pompeiano cunha versión da Caritas romana. Tamén se interpretou como un lugar autorizado de abandono infantil, onde os pais que non podían ou non querían coidar dos recentemente nacidos,deixábanos expostos no pedestal da mesma no cal había unha especie de cuartiño coa esperanza de que fose compadecido e acollido (é dicir, que lle desen leite). Xuvenal di que as mulleres de consideración e posibilidades ían moi a miúdo coller algunha daquelas criaturas para facelas criar na súa casa e as de quen ninguén se encargaba eran mantidas a expensas do público.Bastús i Carrera (1830), p. 312

A Columna Lactaria estaba situada preto do Templo da Piedade, que exhibía unha pintura sobre o tema da Caritas Romana ("Caridade romana"), sobre unha muller que lle dá leite materno a un pai ou unha nai anciá.

A columna probablemente foi destruída pola construción do Teatro de Marcelo, a partir da década de 40 a. C.Palmer (1997), p. 102 Un dos barrios arrasados ​​para a construción do teatro foi o Vicus Sobrius, onde os residentes ofrecían libacións de leite a un deus púnico romanizado como Mercurius Sobrius e, é posible, que esta comunidade puidese manter a Columna Lactaria.Lott (2004), pp. 11–12 Robert E. A. Palmer pensaba que as ofrendas de leite do culto púnico poderían botar luz sobre a importancia da columna.

A principios do século XX, a piazza Montanara adxacente ao teatro continuaba a ser un lugar onde se podían buscar nodrizas para contratar.Torelli (1992), p. 116Palmer (1997), p. 98

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Columnas Categoría:Edificacións da Roma Antiga Categoría:Relixión romana