Faustino Vázquez Carril, coñecido como Meana, nado en Monforte de Lemos o 18 de abril de 1914 e finado na Coruña o 10 de maio de 1937, foi un barbeiro e soldado galegoMemoria íntima del Frente Norte.
Traxectoria Fillo de José Ramón Vázquez Gayoso, que chegou a ter unha pequena empresa de calzado, foi o sexto de nove irmáns. Criouse no barrio monfortino de Santa Clara, estudou no colexio dos Escolapios ata os 15 anos e ao deixar a escola traballou como barbeiro. Militou en equipos modestos de fútbol e colaborou co periódico El Eco Deportivo da Coruña. A situación económica levouno a ingresar no exército como forma máis segura de gañarse a vida. Sen vínculos políticos, simpatizaba con Manuel Azaña. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado no Parque Divisionario nº 8 de Galicia, foi detido en Monforte mentres estaba de permiso. Foi liberado e incorporouse ao exército sublevado quedando encadrado como soldado artilleiro, e participou coas columnas galegas na guerra en Galicia e no camiño a Asturias.
Coa morte do seu pai, seis días antes de iniciarse a guerra, Faustino iniciou un caderno de reflexións e apuntamentos que rematou chamando Apuntes de mi blok. Nel reflectiu canto vía e sentía, case todo relacionado coa fronte de guerra na que se encontraba. Os seus comentarios eran críticos contra algúns dos militares sublevados (Franco e Queipo de Llano entre eles) e admirativos cara a outros. O avance da guerra e as consecuencias desta, especialmente os fusilamentos, levárono a razoar contra a mesma e os seus causantes. Mostrouse especialmente duro cos falanxistas, aos que vía como "chulos de Cantones", en referencia ao lugar da Coruña onde acostumaban pasear.Diario de una guerra, La Voz de Asturias, 15 de maio de 2011.
Ferido en combate, mentres se recuperaba nun hospital de campaña, os seus cadernos foron obxecto de exame por oficiais do exército. Detido e xulgado en consello de guerra na Coruña, foi condenado a morte o 15 de abril de 1937 e executado o 10 de maio en Punta Herminia.
Os cadernos, rescatados do expediente militar, foron publicados en 2011 por Emilio Grandío Seoane co título: Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la Guerra Civil española 1936-1937.Editan el diario de campaña por el que se fusiló a un monfortino en la Guerra Civil, La Voz de Galicia, 3 de xuño de 2011.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fusilado por chamarlle “sarasa” a Franco.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos