O termo diñeiro electrónico, tamén diñeiro dixital ou moeda electrónica, refírese a unha forma de circulación do diñeiro fiduciario existente nun ambiente económico, equivalendo a unha certa contía de moeda depositada nalgún banco ou nalgunha institución financeira. Noutra banda, o termo tamén pode expresar a idea dun medio de pagamento que é aceptado en transaccións financeiras, cumprindo a función de diñeiro, mais tal medio non existe fisicamente ou en razón dalgún lastre, como o padrón ouro, e os seus rexistros non obrigatoriamente atópanse nunha institución financeira, estatal ou privada. En calquera caso, tanto a existencia do diñeiro dixital como as diversas transaccións feitas con el son testificadas na forma de información almacenada nun medio dixital ou nunha rede de datos, como as criptomoedas. Notas

Véxase tamén Outros artigos Bitcoin

Categoría:Economía