miniatura|Sinatura de Elvira Novo García. Elvira Novo García, nada en Ferrol no século XIX e finada na mesma cidade o 21 de febreiro de 1931,La Voz de Galicia, 22-2-1931, p. 8. foi unha mestra e activista cultural galega.

Traxectoria Mestra nacional. En 1896 foi nomeada profesora da Escola de Artes e Oficios de Ferrol (de bordado á man)Rutas turísticas. Ferrol en feminino. Mulleres na historia da cidade pp. 27-28. 2009. ISBN 978-84-9812-099-8.. Escribiu en diversos xornais e revista de ámbito local e galego (ás veces baixo pseudónimo). Colaborou, por exemplo, coas publicacións Marineda, Revista Gallega e a Galicia de Augusto C. de Santiago.

Foi unha firme defensora da educación como piar para o progreso de Galicia:

Foi unha continuadora do labor de Concepción Arenal e unha das promotoras da Asociación Benéfica Concepción Arenal. Así mesmo, en 1919 participou da creación do Padroado Feminino Concepción Arenal, para o cal exerceu o cargo de secretariaAs mulleres na historia 10ª v., 11/1/2016, p. 22. Álbum de mulleres. CCG.. Foi tamén vocal do Consejo Superior de Protección a la InfanciaVida Gallega, 28-2-1931, p. 48..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Escritos de Elvira Novo na hemeroteca da Real Academia Galega.

Categoría:Personalidades do ensino de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1931