miniatura|"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos deMarcial Araújo CondeEugenio Arbones CastellanzueloLuís Bilbatúa ZubeldiaSegundo Echegaray GarcíaAdolfo Morgade PazosAbraham Muñoz ArconadaInocencio Taboada Montoto.O pobo non esquece. 15 de setembro de 2007." Inocencio Taboada Montoto, nado en Quiroga o 10 de marzo de 1886 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de Inocencio Taboada Fernández e Florinda Montoto Barral. Emigrou a Arxentina. Retornou e instalouse en Vigo, onde foi remitente de pescado. Masón e amigo persoal de Santiago Casares Quiroga, foi membro da ORGA e elixido vogal do Comité Executivo do Partido Republicano Gallego en 1933.El Pueblo Gallego, 21-2-1933, p. 13-14 Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón de Vigo e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Adolfo Morgade Pazos, Luis Bilbatúa Zubeldia, Abraham Muñoz Arconada e Marcial Araujo Conde.

Vida persoal Era irmán de Luis Taboada Montoto. Casou en Santiago del Estero con Natividad Arroyo Cortés en 1918, con quen tivo cinco fillos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os Taboada de Quiroga: unha familia marcada pola Guerra Civil Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Masóns de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Quiroga

Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936