Open Library é un proxecto en liña cuxo principal obxectivo é a creación dunha base de datos de contido aberto de libros. Foi creado en 2006 por Aaron Swartz e Brewster Kahle, entre outros. Open Library é un proxecto da organización sen ánimo de lucro Internet Archive e foi parcialmente financiado pola Biblioteca Estatal de California e a Fundación Kahle/Austin. Tamén proporciona acceso a libros de dominio público, que poden ser lidos en liña.
En decembro de 2015 tiñan arredor de 20 millóns de libros rexistrados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Bases de datos Categoría:Biblioteconomía Categoría:Software libre Categoría:Sitios web