Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes. Segundo o IGE, en 2023 tiña 207 habitantes (103 homes e 104 mulleres).
Historia e patrimonio Constituíu unha xurisdición na que se atopaban, ademais dela, as parroquias de Dornelas e Lamela, en Silleda, e as de Añobre, Bascuas e Gres en Vila de Cruces.
A veciña parroquia de Sucira (concello de Boqueixón) leva ese nome en relación a estoutra.
A Torre de Cira, restos do antigo castelo medieval fundado por Bernardo Suárez Deza no ano 1115, pasou a poder da raíña Dona Orraca e alí mantivo preso durante varios días ao arcebispo Diego Xelmírez no ano 1121. Destruído polos Irmandiños, reconstruíuno o conde de Altamira. Tan só queda en pé a torre da homenaxe datada no século XV. Tamén destaca o Pazo de Paizás e a igrexa parroquial.
Nesta parroquia formouse a Banda de música de Cira, en activo entre 1850 e 1971.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cira
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Chapa na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia