San Salvador de Laro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 365 habitantes, distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2002 cando tiña 362 habitantes.
Nesta parroquia naceron o político Pablo García e o músico Rodrigo Ramos. Patrimonio Convén destacar, dentro do patrimonio desta parroquia, o Cruceiro do Camiño, datado en 1171; a igrexa de San Salvador, do século XIX; a capela do Pereiro e os petróglifos da Pena das Cazolas.
Nesta parroquia celébrase todos os anos o venres da primeira fin de semana de agosto a romaría da tortilla de Laro, que dá inicio ás festas patronais.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Laro
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Laro na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador