Jesús Villamor Calvo, nado en Padrón o 16 de decembro de 1947,La Voz de Galicia, Santiago, 16-4-2006, p. 9. é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Hostaleiro. Foi o candidato de AP á alcaldía de Padrón por vez primeira nas eleccións municipais de 1983 e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, con 4 concelleiros. En 1987 foi reelixido cunha ampla maioría absoluta de 13 concelleiros de 17. Nas sucesivas convocatorias electorais que tiveron lugar ata 2003 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, se ben foi perdendo progresivamente apoios ata que nese último ano a logrou de forma moi axustada. Presentouse ás eleccións municipais de 2007, nas cales o candidato do PSdeG-PSOE, Camilo Forján Seoane, lle arrebatou a alcaldía. Tras pasar á oposición comezou a traballar na empresa privada e retirouse da política ao final do mandato. Entre 2005 e 2006 foi conselleiro da empresa Xestión Urbanística da Coruña.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Padrón Ligazóns externas Sabariz Rolán, Luis Angel (17 de agosto de 2011) "Indignados con Villamor" en Pontecesures.net Ficha do xogadorno club de golf Val de Rois
Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes