Celestino Pérez Andrade, nado en Ortigueira cara a 1866 e finado en Ribadeo en 1929, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de José Pérez e Lina Andrade. Comerciante en sombreirería,La Voz de Galicia, 20-12-1894, p. 2. instalouse en Ribadeo, onde foi secretario da sociedade obreira La Prosperidad,La Voz de Galicia, 17-12-1908, p. 2. e fundou e dirixiu La Voz del Pueblo desde o que realizou campañas anticaciquís e sostivo polémicas sobre relixión e clericalismo coas autoridades eclesiásticas do bispado de Mondoñedo. Foi tamén fundador de El Eco Mercantil. Tomou parte como orador na campaña de propaganda republicano-socialista por Galicia e Asturias con Virginia González Llaneza e Facundo Perezagua. Colaborou co seu xenro Francisco Lanza en La Comarca escribindo artigos baixo os pseudónimos El Montañés ou Un labrador gallego. Foi procesado por inxurias e calumnias a un funcionario público en 1913,La Voz de la Verdad, 2-10-1913, p. 2.El Norte de Galicia, 30-10-1914, p. 3. Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro e unha multa de 250 pesetas pola Audiencia de Lugo o 13 de agosto de 1913.BOE, Anexo II, 22-5-1915, p. 742. Foi un dos promotores da Casa del Pueblo de Ribadeo. Finou en Ribadeo en 1929.Correo de Galicia, 20-10-1929, p. 2.Céltiga, 25-10-1929, p. 22.
Vida persoal Casou con Ramona Fernández Soto e foi pai de Lino Pérez Fernández e Rosa Pérez Fernández, que casou con Francisco Lanza Álvarez.
Notas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Ortigueira Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos