A semicuartifusa é unha figura musical que equivale a 1/256 do valor dunha redonda. Dura, xa que logo, un cuarto dunha semifusa ou a metade dunha cuartifusa.
Representación gráfica
Represéntase por un círculo negro cunha hasta terminada por seis bandeirolas ao lado.
Uso É raro encontrar esta figura nas partituras e cando se utiliza acostuma aparecer en pasaxes breves e rápidas incluídas en movementos lentos. Por exemplo, aparece nas Variacións "Je suis Lindor" de Mozart, onde se encontran catro delas na duodécima Variación.
Categoría:Notación musical Categoría:Solfexo