O Gran Premio de San Sebastián foi unha carreira de automobilismo celebrada no Circuíto de Lasarte en Lasarte-Oria, Guipúscoa.

Historia Durante a maior parte da súa existencia, foi a carreira principal en España, xa que aínda non se creara o Gran Premio de España propiamente como Gran Premio de automobilismo. O Gran Premio de San Sebastián ás veces con carácter retroactivo conta como o Gran Premio de España, neses anos en que non se celebrara.

O oitavo Gran Premio de San Sebastián previsto para o 25 de xullo de 1930, tivo que ser cancelado debido á mala situación económica tras o Crac de Wall Street en outubro de 1929. Fixéronse esforzos e AIACR concedeu permiso para seguir adiante coa carreira, o 5 de outubro de 1930. Este ía ser o último Gran Premio de San Sebastián. Cando a carreira regresou ao circuíto de Lasarte en 1933 foi como o Gran Premio de España.

Gañadores Estes son os gañadores de todos os grandes premios de San Sebastián. noutras carreiras celebradas no circuíto de Lasarte, consulte o Gran Premio de España.

Ano Piloto Construtor Circuíto Informe 1923 Albert Guyot Rolland-Pilain Lasarte Resultados 1924 Henry Segrave Sunbeam Lasarte Resultados 1925 Albert Divo André Morel Delage Lasarte Resultados 1926 Jules Goux Bugatti Lasarte Resultados * 1927 Emilio Materassi Bugatti Lasarte Resultados 1928 Louis Chiron Bugatti Lasarte Resultados 1929 Louis Chiron Bugatti Lasarte Resultados 1930 Achille Varzi Maserati Lasarte Resultados

* a carreira de 1926 Recibiu o título de Gran Premio de Europa

Notas

Categoría:Deporte no País Vasco Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1