Atanasii Krupetskyi, nado como Oleksandr Krupetskyi (en ; en ) en 1570 e finado o 6 de maio de 1652, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok dende 1609 até o seu pasamento.
Traxectoria Oleksandr Krupetskyi naceu en 1570. Procedía dunha familia nobre católica do Gran Ducado de Lituania, con posesións nos condados de Lutsk e Volodymyr do voivodato de Volinia, e no voivodato de Mścisław.Atanazy Krupecki, en Krupetskyi era un home piadoso, e coñecedor das Escrituras e da lingua rutena, o que fixo que fose elixido bispo de Przemyśl, contando tamén co apoio do bispo latino de Przemyśl, Stanisław Sieciński.
O 20 de xuño de 1610 o metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus Ipatii Potii consagrouno en Brest bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, e Krupetskyi tomou o nome de Atanasii. O seu predecesor, Mykhailo Kopystenskyi, non aceptara a Unión de Brest, polo que Krupetskyi converteuse no primeiro bispo grecocatólico de Przemyśl, Sambor e Sanok. Porén, á súa chegada a Przemyśl, Krupetskyi atopou unha forte oposición da nobreza ortodoxa local, que propuxeron a Jan Chłopecki como bispo, non permitíndolle a Krupetskyi tomar posesión da sé. A situación se repetiu en Sambor, onde Krupetsyi recibiu unha malleira dos nobres e tivo que marchar da vila. En 1611 Chłopecki finou, e en 1612 Krupetskyi tomou posesión da sé, mais a súa autoridade non foi recoñecida, e Sieciński enviouno a promover a unión a Hungría. A súa misión non tivo éxito, e Krupetskyi case perde a vida.
Á súa volta a Przemyśl, Krupetskyi atopouse novamente con resistencia. En 1620 Isaia Kopynskyi foi ordenado bispo de Przemyśl. Krupetskyi tivo que deixar a cidade e vivir no mosteiro de Staryi Sambir. O Senado aprobou a diocese ortodoxa, e ao mesmo tempo a permanencia no cargo de Krupetskyi. En 1640 tomou a Pavlo Ovluchynskyi como coadxutor. O Tratado de Zboriv de 1649, ratificado polo Senado en 1650, deu o control da eparquía aos ortodoxos. O bispo ortodoxo Antonii Vynnytskyi tomou Strashevychi, onde residía Krupetskyi, quen foi encerrado nun mosteiro. Malia a súa idade, foi quen de fuxir, e estabeleceuse en Walawa, onde tomou como coadxutor a Prokip Khmelovskyi. A comezos de maio de 1652 Krupetskyi finou, pouco despois de ter noticia da toma da catedral de Przemyśl por Vynnytskyi e horas antes da toma de Walawa. O seu cadáver foi despoxado das vestementas episcopais e deixado nun cemiterio, onde foi enterrado pouco despois por algúns dos seus fieis.
Notas
Categoría:Nados en 1570 Categoría:Finados en 1652 Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína