En 1998 a Federación Española de Rugby creou o Campionato de Liga Nacional Primeira Especial, unha nova categoría inserida entre a División de Honra e a Primeira División Nacional, que eran dende os anos 70 as dúas máximas categorías do rugby nacional. Este novo torneo pasou a denominarse División de Honra B trala súa primeira edición, ocupando o segundo chanzo nas ligas nacionais de rugby en España, e desprazando a Primeira Nacional ó terceiro nivel.

Formato de competición

Nesta primeira edición o torneo tivo oito equipos participantes. Dous deles eran o Arquitectura e o Cisneros, descendidos na tempada anterior da División de Honra. Os outros seis equipos saían da última fase de ascenso á División de Honra. Eran o CRAT, o L'Hospitalet, o La Moraleja, o CAU Valencia, o Bera Bera e o Ordizia.

O formato do torneo contou con dúas fases: A primeira fase foi a de liga regular. Nela cada equipo disputou 14 encontros, dous contra cada rival, un como local e outro como visitante. Cada encontro gañado concedía dous puntos para a clasificación, e cada empate concedía un punto. A segunda fase foi a de eliminatorias, polo ascenso e polo descenso. Os catro primeiros equipos da clasificación quedaron emparellados nunhas semifinais a dobre encontro, do mesmo xeito que os catro últimos. Tralas semifinais, os gañadores enfrontáronse entre si, do mesmo xeito que os perdedores, quedando definidas as posicións finais da competición.

O campión do torneo acadou o ascenso á División de Honra 1999-2000, mentres que os dous últimos perderon a categoría.

Fase de liga regular Táboa PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. C.R. La Moraleja26 14 13 0 1 551 149 2º. C.D. Arquitectura 22 14 11 0 3 533 214 3º. C.R. Cisneros 18 14 9 0 5 504 314 4º. R.C. L'Hospitalet 14 14 7 0 7 304 374 5º. C.A.U. Valencia 14 14 7 0 7 298 328 6º. C.R.A.T. 12 14 6 0 8 299 363 7º. Ordizia R.E. 4 14 2 0 12 185 496 8º. Bera Bera R.T. 2 14 1 0 13 109 545

Posicións que clasifican para as semifinais polo ascenso (1º, 2º, 3º e 4º). Posicións que clasifican para as semifinais polo descenso (5º, 6º, 7º e 8º).

PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra

Fase final Eliminatorias polo ascenso  SemifinaisFinal polo ascenso   '''C.R. La Moraleja  '''31  '''71   R.C. L'Hospitalet  '''0  '''6       C.R. La Moraleja '''11 '''21   '''C.D. Arquitectura '''22 '''16 3º e 4º posto    '''C.D. Arquitectura  '''13  '''35  R.C. L'Hospitalet '''25  C.R. Cisneros  '''8  '''21   C.R. Cisneros '''34 Equipo campión e ascendido á División de Honra: Club Deportivo Arquitectura Eliminatorias pola permanencia  Semifinais7º e 8º posto   '''C.R.A.T.  '''9  '''36   Ordizia R.E.  '''16  '''12       '''Bera Bera R.T. '''20 '''15   Ordizia R.E. '''10 '''17 5º e 6º posto    '''C.A.U. Valencia  '''35  '''63  C.R.A.T. '''15  Bera Bera R.T.  '''7  '''14   '''C.A.U. Valencia '''44 Equipos descendidos á Primeira Nacional: Bera Bera Rugby Taldea e Ordizia Rugby Elkartea

Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 1998-1999 Outros artigos División de Honra de Rugby 1998-1999

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 1998 Categoría:Rugby en 1999