A primeira batalla de Carabobo (1814) foi unha batalla da Guerra de Independencia de Venezuela, na que as forzas da Segunda República ao mando de Simón Bolívar derrotaron as forzas españolas ao mando do Mariscal de campo Juan Manuel de Cajigal y Martínez.

Antecedentes Tras o éxito da campaña de reconquista de Domingo de Monteverde coa toma de Caracas o 29 de xullo de 1812 o goberno colonial restablécese en Venezuela. Monteverde planeaba manter unha ofensiva contra as Provincias Unidas da Nova Granada. Porén, antes da acción, dous coroneis rebeldes exiliados adiantáronse nos inicios do ano seguinte. Simón Bolívar iniciou a súa Campaña Admirable no Occidente mentres que Santiago Mariño desembarcou no Oriente cos exiliados da Illa Trinidad.

Ante a desesperada situación, Monteverde intentou a reconquista de Maturín xa que as provincias de Guayana, Nova Barcelona e Cumaná caeron nas mans de Mariño velozmente, fracasando en reiteradas ocasións. Cando intentou deter a Bolívar no oeste foi mutilado en batalla e forzado a procurar refuxio en Puerto Cabello dende Cajigal foi relevado do mando. Os realistas quedaron reducidos ás súas posicións no val do río Orinoco, Apure e a provincia de Coro tras a toma de Caracas por Bolívar, o 6 de agosto de 1813.Casa de Colón de Las Palmas. Anuario de estudios Atlánticos. Número 13. Las Palmas de Gran Canaria, 1967, pp. 203. No entanto, Bolívar cometera un erro: en vez de avanzar sobre Caracas, moitos dos seus partidarios e opositores consideraron que debeu marchar contra Porto Cabello, refuxio dos dirixentes realistas, e acabar o conflito dun só golpe.Encina, Francisco Antonio (1961). Bolívar y la independencia de la América española: Independencia de Nueva Granada y Venezuela (parte 1). Tomo III. Santiago: Nascimiento (páxina 244) Finalmente encóntrase coa defensa do coronel vizcaíno Antonio Zuazola, quen foi capturado e colgado.Encina, 1961: 245. Los defensores realistas el 7 de septiembre de 1813 eran 1.088 soldados, 74 voluntarios, 30 a 40 oficiales, 150 piezas de 18 y de 24 y 10 morteros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Edgar Esteves González (2004). Batallas de Venezuela, 1810-1824. Caracas: El Nacional. ISBN 978-980-388-074-3.

Categoría:Historia de Venezuela Categoría:1814 Categoría:Batallas do século XIX