miniatura|Tavuk dürüm (dürüm de carne de polo), patacas frixidas e un vaso de ayran nun restaurante de Ankara. Dürüm é un rolo feito cun tipo de pan plano, coma o yufka ou o lavash que se enche de ingredientes (un xeito de presentar o döner). A verba significa 'rolo' en lingua turca, e consite nunha comida típica da rúa común tanto en Turquía e os países achegados, coma noutras partes de Europa e do Oriente Medio. Na cociña turca, o dürüm é a comida do almorzo, con ingredientes coma çökelek ou queixo branco, ou noutras horas coa versión fast food de moltos pratos de carne coma os kebabs, döner, tantuni, kokoreç, ciğer şiş e outros semellantes.
Dürüm döner é un elemento común da comida rápida na Alemaña. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Burrito Fajita Kebab
Categoría:Comida rápida Categoría:Gastronomía de Turquía Categoría:Pans planos Categoría:Pratos de carne Categoría:Sándwichs