María Beatriz Molinos Vidal, nada en Fontenlos (Entíns, Outes) en 1964 é unha aparelladora e política galega, exalcaldesa de Outes.
Traxectoria Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Nas eleccións municipais de 2015 figurou na candidatura do Partido Popular de Galicia ao concello. Foi elixida concelleira e ocupou a concellería de Facenda. En agosto de 2016 accedeu á alcaldía logo da renuncia de Carlos López Crespo, o alcalde anterior, que levaba 21 anos no cargo e que concorreu nas listas do Partido Popular nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi derrotada por Compromiso Outes, sendo relevada na alcaldía por Manuel González López. Nese mandato foi deputada provincial ata xullo de 2021. Nas municipais de 2023 foi número 5 da candidatura do PPdeG e foi elixida concelleira, se ben o seu grupo non logrou recupera-la alcaldía.
Notas
Categoría:Alcaldes de Outes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Outes Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña