Josep Enric Millo i Rocher, nado en Terrasa en 1960, é un político español do Partido Popular de Cataluña, exmilitante de Unión Democrática de Cataluña. En novembro de 2016 foi nomeado delegado do Goberno en Cataluña.A cara amable e máis catalanista do PP
Traxectoria É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UAB. Profesor de Economía e Estruturas Organizativas á UPC (1987-1988), e da Escola Superior de Turismo (1987-1989). Exerceu como delegado territorial do Departamento de Traballo da Xeneralidade de Cataluña, en Xirona, entre 1991 e 1995.
Carreira política Millo, que iniciou a súa carreira política como dirixente de Unión Democrática de Cataluña, foi deputado do Parlamento de Cataluña na V, VI, VIII e IX lexislaturas.Ferrer Foi deputado no Parlamento por CiU entre 1995 e 2003, e chegou a ser voceiro adxunto do grupo parlamentario converxente entre 1999 e 2003.Ferrer Posteriormente, e cando ás eleccións catalás de 2003 o partido decidiu que non fose ningún de lista por Xirona, pasouse ao PP. Dende 2010 é voceiro do grupo parlamentario do PPC ao Parlamento.Ferrer
Foi membro do Comité Executivo do PPC, dende o 2004; secretario executivo de Comunicación Interna do PPC (2006); presidente do PPC de Xirona dende 2008; e vicesecretario de acción política e económica do PPC dende 2012.aragirona.cat
Foi o cabeza de lista do PP en Xirona para as eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2010.Ferrer
Deputado por Xirona da XI lexislatura do Parlamento de Cataluña, en novembro de 2016 foi nomeado delegado do Goberno en Cataluña para substituír a María de los Llanos de Luna, tomando posesión o día 21.
Notas
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Terrasa Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona