Vipera berus,Mallow D, Ludwig D, Nilson G. (2003). True Vipers: Natural History and Toxinology of Old World Vipers. Malabar, Florida: Krieger Publishing Company. ISBN 0-89464-877-2.Stidworthy J. (1974). Snakes of the World. New York: Grosset & Dunlap Inc. 160 pp. ISBN 0-448-11856-4. a víbora europea común, é unha especie de víbora, serpe velenosa que está moi estendida xeograficamene e pode encontrarse pola maior parte de Europa occidental e desde alí chega ao leste de Asia.McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. (1999). Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, Volume 1. Washington, District of Columbia: Herpetologists' League. ISBN 1-893777-00-6 (series). ISBN 1-893777-01-4 (volume). Antes considerábase que en Galicia vivía unha subespecie de V. berus, pero posteriormente a esa subespecie se lle deu o status de especie, co nome Vipera seoanei ou víbora de Seoane (antes subespecie Vipera berus seoanei). As víboras comúns V. berus son moi coñecidas e forman parte do folclore de moitos países. Aínda sendo velenosas non se consideran especialmente perigosas; esta víbora non é agresiva e xeralmente só morde cando a asustan ou molestan. As súas trabadas poden ser moi dolorosas, pero raramente mortais. O nome específico, berus, é unha palabra neolatina que foi usada anteriormente para referirse a unha serpe, posiblemente a Natrix natrix (cobra de colar).Gotch AF. (1986). Reptiles: Their Latin Names Explained. Poole, UK: Blandford Press. 176 pp. ISBN 0-7137-1704-1.

A víbora común encóntrase en distintos terreos, e a complexidade de hábitats é esencial en diferentes aspectos do seu comportamento. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, lagartos e anfibios, e nalgúns casos de arañas, vermes e insectos. Esta víbora, como a maioría das outras víboras, é ovovivípara. As femias crían unha vez cada dous ou tres anos, e as crías xeralmente nacen desde o final do verán ao inicio do outono no hemisferio norte. As camadas varían de 3 a 20 crías e os individuos novos permanecen coas súas nais uns poucos días. Os adultos crecen ata unha lonxitude total de 60 a 90 cm (incluíndo a cola) e unha masa de 50 a 180 g. Actualmente recoñécense tres subespecies, incluíndo a subespecie nomeada, Vipera berus berus descrita aquí. A especie non se considera ameazada, aínda que está protexida nalgúns países.

Descrición

Ten un corpo relativamente groso, os adultos xeralmente crecen ata os 60 cm de lonxitude total (incluíndo a cola), cunha media de 55 cm. O tamaño máximo varía por rexión. As máis grandes, de ata uns 90 cm, encóntranse en Escandinavia, pero en dúas ocasións observáronse espécimes de 104 cm. En Francia e Gran Bretaña, o tamaño máximo é de 80 a 87 cm. A masa vai de 50 g a uns 180 g. (inclúe unha t´boa cos rangos da masa dos machos dunha poboación) (dá exemplos de masas de femias). esquerda|miniatura|alt=Parte frontal de dúas víboras comúns europeas, unha de cor normal e outra melánica.|Patróns de coloración de V. berus: normal e melánico. A cabeza é bastante grande e aparente e os seus laterais son case planos e verticais. As beiras do fociño están normalmente elevadas nunha crista baixa. Vista desde arriba, a escama rostral non é visible ou só lixeiramente. Inmediatamente detrás da rostral, hai dúas (raramente unha) escamas pequenas. Dorsalmente, adoita haber cinco grandes placas: unha frontal cuadrangular (algo máis longa que larga ou ás veces máis rectangular), dúas parietais (ás veces cunha pequena escama entre a frontal e as parietais) e dúas supraoculares longas e estreitas. Estas últimas son grandes e aparentes, cada unha separada da frontal por dun a catro pequenas escamas. Os orificios nasais están situados nunha depresión pouco fonda dentro dunha gran escama nasal. O ollo é relativamente grande, de igual tamaño ou lixeiramente maior que a escama nasal, pero adoita ser menor nas femias. Baixo as supraoculares hai de 6 a 13 (xeralmente de 8 a 10) pequenas escamas circumorbitais. As escamas temporais son lisas (raramente cunha lixeira quilla ou carena). Hai de 10 a 12 sublabiais e de 6 10 (normalmente 8 ou 9) supralabiais. Destas últimas, as números 3 e 4 son as máis grandes, mentres que as 4 e 5 (raramente as 3 e 4) están separadas do ollo por unha soa ringleira de pequenas escamas (ás veces son dúas ringleiras en espécimes alpinos).

Na parte media do corpo hai 21 ringleiras de escamas dorsais (raramente 19, 20, 22 ou 23). Estas son escamas fortemente carenadas, agás as que abeiran as escamas ventrais. Estas escamas parecen unidas debilmente á pel e as ringleiras inferiores fanse cada vez máis anchas; as que están máis próximas ás escamas ventrais son dúas veces máis anchas que as que están ao longo da liña media. As escamas ventrais son de 132 a 150 nos machos e de 132 a 158 nas femias. A placa anal é única. As subcaudais están pareadas, e son de 32 a 46 nos machos e de 23 a 38 nas femias.

O patrón de coloración varía desde espécimes con cores moi claras con barras cruzadas dorsais escuras incompletas e pequenas ata espécimes completamente marróns con marcas marróns máis escuras esvaídas, e pode haber individuos melánicos que son totalmente escuros e carecen dun patrón dorsal aparente. Porén, a maioría teñen algún tipo de patrón en zigzag dorsal en toda a lonxitude do corpo e cola. A cabeza xeralmente ten unha distintiva figura con forma de V ou X escuros no dorso. Unha banda escura corre desde o ollo ao pescozo e continúa como unha serie lonxitudinal de puntos ao longo dos flancos. Algo pouco usual nas serpes, pero que se dá en V. berus, é que os sexos poden diferenciarse pola cor. As femias son xeralmente de tons marróns con marcas marrón escuras, e os machos son grises con marcas negras. A cor basal dos machos a miúdo é lixeiramente máis clara que a das femias, o que resalta o patrón en zigzag negro. Os individuos melánicos adoitan ser femias.

Distribución xeográfica miniatura|Distribución en Europa.

Vipera berus ten unha ampla área de distribución. Pode encontrarse ao longo de Eurasia, desde o noroeste de Europa (Gran Bretaña, Escandinavia, Alemaña, Francia) a través de parte do sur de Europa (norte de Italia, Serbia, Albania, Croacia, Montenegro, Bosnia e Hercegovina, Macedonia do Norte, Bulgaria e norte de Grecia) e do leste de Europa ata o norte do círculo polar ártico e Rusia seguindo ata o océano Pacífico, illa de Sakhalin, Corea do Norte, norte de Mongolia e norte e a China. Tense atopado moi ao norte, onde outras serpes non poden vivir. A localidade tipo (onde se atopou e describiu a especie) estaba orixinalmente sinalada como "Europa". Mertens e Müller (1940) propuxeron restrinxir a localidade tipo a "Upsala, Schweden" (Uppsala, Suecia), pero foi finalmente restrinxida a Berthåga, Uppsala ao designaren un neotipo Krecsák & Wahlgren (2008).

En varios países europeos é a única serpe velenosa nativa.

Status de conservación Esta especie está na lista de especies protexidas (Apéndice III) baixo a Convención de Berna e está protexida en moitos países.Isailovic, Jelka Crnobrnja, et al. (2009). Vipera berus . In: IUCN 2012. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2012.2.Convention on the Conservation of European Wildlife and Natural Habitats, Appendix IIIat . Acceso o 7 de febreiro de 2010.. Esta referencia cita como fonte Monney JC, Meyer A. (2005). Rote Liste der gefährdeten Reptilien der Schweiz. Hrsg. Bundesamt für Umwelt, Wald und Landschaft BUWAL, Bern und Koordinationsstelle für Amphibien- und Reptilienschutz der Schweiz, Bern. BUWAL-Reihe.

A Lista vermella de Especies Ameazadas da International Union for the Conservation of Nature (IUCN) describe o seu status de conservación como "menos preocupante" en vista da súa ampla distribución, as amplas poboacións que se cre ten, ampla variedade de hábitats nos que vive e a probablemente lenta velocidade de declive, aínda que se sabe que as súas poboacións están minguando. A redución dos seus hábitats, a fragmentación das poboacións en Europa debido a unha intensa práctica agrícola e a recolección para o comercio de mascotas ou para a extracción de veleno son os principais factores que contribúen ao seu declive.

Hábitat esquerda|miniatura|alt=V. berus tomando o sol sobre un leito de musgos.|V. berus co corpo inchado por ter comido algunha presa.

Un requirimento esencial para a presenza desta especie é que haxa unha suficiente complexidade do hábitat, que facilite os seus diversos comportamentos (tomar o sol, alimentación e hibernación) e que ofreza protección dos predadores e do acoso humano. Encóntrase en diversos hábitats, como os seguintes: terras baixas calcarias, ladeiras rochosas, páramos, matos areentos, praderías, terreos baldíos, beiras dos bosques, claros soleados e desmontes, ladeiras de arbustos e sebes, vertedoiros de lixo, dunas costeiras, e canteiras pedregosas. Aventúrase ás veces en zonas húmidas se hai chan seco próximo, polo que pode atoparse en beiras de regatos, lagos e pozas.Street D. (1979). The Reptiles of Northern and Central Europe. Londres: B.T. Batsford Ltd. 272 pp. ISBN 0-7134-1374-3. miniatura|alt=Femia tomando o sol en Escocia.|Femia de V. berus. En boa parte do sur de Europa, como no sur de Francia e norte de Italia, encóntrase en zonas húmidas a baixa altitude ou en altitudes elevadas. Nos Alpes suízos, pode ascender ata os 3 000 m de altura. En Hungría e Rusia evita as estepas abertas; un hábitat no cal é máis doado atopar a especie V. ursinii. Porén, en Rusia aparece nas zonas esteparias boscosas.

Comportamento

Esta especie é principalmente diúrna, especialmente no norte da súa área de distribución. Máis ao sur diseBoulenger GA. (1913). Snakes of Europe. Londres: Methuen & Co. xi + 269 pp. (Vipera berus, pp. 230-239, Figure 35). que é activa ao serán e mesmo pode selo pola noite durante os meses de verán. É unha especie predominantemente terrestre, aínda que se sabe que pode subir ribeiras e a arbustos baixos para tomar o sol ou vixiar o paso de posibles presas. esquerda|miniatura|alt=Macho de V. berus.|Macho de V. berus. As víboras non son normalmente agresivas e adoitan ser bastante tímidas e morden só cando se ven acurraladas ou alarmadas. Xeralmente as persoas que sofren unha mordedura é porque as pisaron ou intentaron collelas. Normalmente desaparecen entre a vexetación en canto detectan calquera posible perigo, pero regresan unha vez que todo volve a estar en calma, a miúdo ao mesmo lugar. Ocasionalmente, algúns individuos revelan a súa presenza cun bufido grave e sostido para disuadir a potenciais agresores. Con frecuencia, eses individuos son femias preñadas. Cando a víbora é ameazada, a parte frontal do seu corpo adopta forma de S para prepararse para lanzar un ataque.

A especie está adaptada ao frío e hiberna en inverno. En Gran Bretaña, machos e femias hibernan durante uns 150 e 180 días respectivamente. No norte de Suecia a hibernación dura 8 ou 9 meses. Nos días suaves de inverno, poden emerxer ao exterior para tomar o sol en sitios onde se derreteu a neve e a miúdo atravesan zonas con neve. Un 15% dos adultos e de 30 a 40% dos individuos novos morren durante a hibernación.

Alimentación

A súa dieta consiste principalmente en pequenos animais, como ratos, outros roedores cricétidos, e musarañas, e tamén lagartos. Ás veces, capturan vermes lentos e mesmo denosiñas e toupas. Aliméntanse igualmente de anfibios, como ras, tritóns e píntegas. Tamén se informou de que poden comer aves, especialmente crías recentemente eclosionadas ou mesmo ovos, para o cal soben a arbustos. Xeralmente, a dieta varía dependendo da localidade. As víboras novas comen crías de mamíferos, pequenos lagartos e ras e vermes e arañas. Unha vez que chegan a unha lonxitude duns 30 cm, as súas dietas empezan a lembrar as dos adultos.

Reprodución