Bienvenida é un concello español pertencente á provincia de Badaxoz, na comunidade autónoma de Estremadura. Ten unha superficie de 92 km² e en 2016 tiña 2 211 habitantes.

Xeografía Atópase ao sur de Estremadura e ao leste da cidade de Zafra. Limita cos concellos de Fuente de Cantos, Calzadilla de los Barros, Usagre, Villagarcía de la Torre e Llerena. Pertence á comarca de Tentudía e ao partido xudicial de Zafra. O seu relevo é suave.

Demografía

En 2023 a poboación ascendía a 2 031 habitantes.

Economía A principal actividade económica é a agricultura. Destaca a produción de cereais, viñas e oliveiras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos da provincia de Badaxoz