Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.

Traxectoria Setenta dos setenta e catro filmes de Nielsen fixéronse en Alemaña onde era coñecida simplemente como Die Asta (A Asta). Debido aos seus ollos grandes e escuros, a súa face con forma de máscara e a súa figura masculina, Nielsen adoitaba interpretar os papeis de mulleres porfiadas e apaixonadas que se vían envoltas en circunstancias tráxicas. Por mor da natureza erótica das súas interpretacións, os seus filmes foron duramente censurados nos Estados Unidos e o seu traballo ficou relativamente descoñecido para a audiencia estadounidense. Dise dela que cambiou o xeito de actuar nos filmes, pasando dun estilo teatralizado a un máis naturalista. Na década de 1920 fundou o seu propio estudio de filmación en Berlín, mais volveu a Dinamarca en 1937 co auxe do nazismo. A súa actividade cinematográfica rematará case co fin do cine mudo: só protagonizou un filme sonoro, Unmögliche Liebe, en 1932. Nos seus últimos anos desapareceu como figura pública e converteuse en artista e autora.

Filmografía parcial Afgrunden, dirixido por Urban Gad (1910) Balletdanserinden, dirixido por August Blom (1911) Engelein (1914) Rausch (1919) Reigen (1920) Mata Hari (1920) Die Spionin (1921) Hamlet (1921) Irrende Seelen (1921) Die Geliebte Roswolskys (1921) Fräulein Julie (1922) I.N.R.I. (1923) Erdgeist (1923) Athleten (1925) Lebende Buddhas (1925) Hedda Gabler (1925) Die freudlose Gasse, dirixido por Georg Wilhelm Pabst (1925) Die Gesunkenen (1926) Dirnentragödie (1927) Laster der Menschheit (1927)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Finados en 1972 Categoría:Actores de Dinamarca Categoría:Cinema mudo