miniatura|280px|Italo Balbo, o creador da Libia italiana. A África Setentrional Italiana (ASI) era o conxunto das colonias italianas e dos territorios controlados polo Reino de Italia na África do Norte desde 1911 até o fin da segunda guerra mundial.

A diferenza da África Oriental Italiana, non era unha entidade administrativa, senón que indicaba simplemente a administración italiana nos territorios norteafricanos controlados por este país.

Historia Nunha primeira fase, tras a guerra italo-turca de 1911, os territorios conquistados ao imperio Otomán foron organizados nas dúas colonias da Tripolitania italiana e a Cirenaica italiana. Ambas as colonias foron reunidas en 1934 nun único goberno, o da Libia italiana. Finalmente, en 1939, Mussolini uniu as catro provincias costeiras de Libia ao territorio metropolitano italiano, costituíndo así a chamada "Quarta Sponda" (cuarta parte) italiana, máis alá das tres da península. Isto marcaría o límite sur de Italia. O máximo soño musoliniano foi gañar a "Quinta Sponda" no Adriático, coa provincia de Liubliana, a gobernación de Dalmacia, a ocupación italiana de Montenegro e a Albania italiana.Moore, Martin, pp. 129-133.

De 1940 a 1943 Italia intentou ampliar a ASI conquistando Exipto e Tunisia. De feito, o progreso militar do Eixe, ao mando de Erwin Rommel, permitiu aos italianos reclamar partes significativas do Exipto occidental.

Tras o armisticio de Vila Incisa, que puxo fin á batalla dos Alpes occidentais, e a posterior ocupación italiana da Francia meridional, Mussolini pediu a incorporación de Tunisia, xunto coa Somalia francesa, Córsega e Niza.Ascoli, Max, edit. (1998).

Porén, as tropas italianas non entraron en Tunisia até novembro de 1942 cando, coa axuda da tropas alemás de Rommel, substituíron a administración colonial do réxime de Vichy. Tunisia foi engadida administrativamente á "Quarta Sponda" italiana.Knox, MacGregor (1986), p. 138.

A administración italiana no Norte de África acabou o 13 de maio de 1943, coa rendición das forzas armadas italo-alemás en Tunisia. Tunisia foi o último territorio administrado de facto polos italianos até a súa ocupación completa polas forzas estadounidenses e británicas. En maio de 1943 os aliados, vencedores da campaña de Tunisia, devolveron todo o territorio a Francia, cuxas autoridades coloniais pecharon todas as escolas e os xornais italianos.Watson, Bruce Allen (1999), p. 103.

Colonias e territorios da África Setentrional Italiana Desde o fin da guerra italo-turca até 1934 a ASI estaba constituída pola Tripolitania italiana e a Cirenaica italiana. En 1934 as dúas colonias foron reunidas na Libia italiana, dividida en 1937 en catro provincias. En 1939 as catro provincias costeiras foron unidas ao territorio metropolitano italiano, mentres que o Territorio Militar do Sur permaneceu baixo o control das forzas armadas italianas.

miniatura|250px|Expansión italiana en Libia.Lenda do mapa:

miniatura|150px|A Tripolitania italiana. miniatura|150px|A Cirenaica italiana. 1911-1934 Colonia da Tripolitania italiana Colonia da Cirenaica italiana

1934-1939 Colonia da Libia italiana

1939-1940 Provincia de Trípoli Provincia de Bengasi Provincia de Derna Provincia de Misurata Territorio Militar do Sur

1940-1943 Provincia de Tripoli Provincia de Bengasi Provincia de Derna Provincia de Misurata Territorio Militar do Sur Exipto occidental Tunisia (17 de novembro de 1942 - 13 de maio de 1943)

Galería de imaxes Mapas das provincias da Libia italiana, e invasión de Exipto (1940)

Edificios italianos en Libia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ascoli, Max, edit. (1998): Benito Mussolini: My Rise And Fall, Volumes 1-2. Con achegas de Richard Washburn Child e Richard Lamb. Nova York, USA: Perseus Books Group. ISBN 978-0-3068-0864-7. Moore, Martin, Fourth Shore: Italy's Mass Colonization of Libya, "African Affairs" XXXIX (CLV): 129-133. Knox, MacGregor (1986): Mussolini Unleashed, 1939-1941: Politics and Strategy in Fascist Italy's Last War. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-5213-3835-2. Watson, Bruce Allen (1999): Exit Rommel: The Tunisian Campaign, 1942-43. Mechanisburg, Pensilvania, USA: Stackpole Books. ISBN 978-0- 8117-3381-6.

Outros artigos Imperio Italiano Italo Balbo Libia italiana Reino de Libia

Ligazóns externas Associazione Italiani Rimpatriati dalla Libia . Fotografías da Libia italiana.

Loschi, Chiara (2011): "Fuori dal regime fascista: organizzazioni politiche degli italiani a Tripoli durante la fase postcoloniale (1948-1951)", Diacronie. Studi di Storia Contemporanea, Nº5, 1. Álbum colonial Fotografías de Libia no tempo da colonia.

Categoría:Imperio Italiano Categoría:Historia contemporánea de Italia Categoría:Libia Categoría:Colonias