O Gran Premio de Mónaco de 2017 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2017) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 28 de maio de 2017 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017. Foi a sesaxésima quinta carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e cinco carreira en xeral.
O piloto de McLaren Fernando Alonso non correu esta carreira por participar nas 500 Millas de Indianápolis e foi substituído polo campión do mundo de Jenson Button. Dos pilotos activos, catro gañaron polo menos unha vez o Gran Premio de Mónaco: Kimi Räikkönen (), Lewis Hamilton ( e ), Jenson Button () e Sebastian Vettel ().
Informe Antecedentes Cambios de pilotos O piloto de McLaren Fernando Alonso perdéuse a carreira para participar nas 500 Millas de Indianápolis de 2017. Jenson Button que traballaba como embaixador do equipo e piloto de reserva substituíu a Alonso para a carreira.
Gardouse un minuto de silencio antes da carreira, como sinal de respecto ás vítimas da bomba no Manchester Arena a principios desa semana.
Práctica libre A primeira práctica da mañá do xoves terminou con Lewis Hamilton de Mercedes coa volta rápida cun 1:13.425, aproximadamente 0.2 segundos máis rápido que Sebastian Vettel. Max Verstappen foi o terceiro máis rápido e Daniil Kvyat da Scuderia Toro Rosso foi o piloto máis rápido non pertencente aos tres mellores equipos, establecendo o sexto mellor tempo. Na segunda práctica, Vettel foi o máis rápido, establecendo 1:12.720. Segundo e terceiro foron Daniel Ricciardo e Kimi Räikkönen con Kvyat en cuarto. O equipo de Mercedes tivo unha segunda práctica decepcionante cando terminaron oitavo e décimo, fóra do ritmo dos seus rivais no campionato Ferrari. A sesión detívose ao redor de 10 minutos debido a un accidente do piloto de Williams Lance Stroll.
A terceira práctica libre do sábado terminou con Sebastian Vettel da Scuderia Ferrari que fixaba o tempo en 1:12.395, mellorando o seu propio tempo fixado na FP2 por 0.3 segundos para fixar unha nova marca de volta, mentres que o rival máis próximo e compañeiro de equipo Kimi Räikkönen estaba 0,3 segundos atrás con 1:12.740. A sesión interrompeuse 8 minutos polas bandeiras amarelas cando Esteban Ocon de Force India se estrelou na sección da piscina, Imitando o accidente que Max Verstappen tivo durante a sesión clasificatoria de 2016. A práctica libre finalmente reanudouse polos 4 minutos restantes. Daniel Ricciardo tivo un fallo no cable dos freos e terminou retirándose da sesión, quedando sexto con 1:13.392. O piloto de McLaren Jenson Button terminou a sesión duodécimo, pero incorreu cunha penalización na grella de 15 posicións por cambiar o MGU-H e o turbocompresor, que se aplicou logo de cualificar.
Clasificación Kimi Räikkönen de Ferrari clasificouse na pole position por primeira vez en 9 anos logo da súa última pole position no Gran Premio de Francia de 2008, tamén con Ferrari. O seu compañeiro de equipo e líder do campionato Sebastian Vettel clasificouse segundo seguido por Bottas e Verstappen. O rival máis próximo de Vettel, Lewis Hamilton, clasificouse no posto 14º loitou por quentar os pneumáticos, e non puido facer a última volta de cualificación debido ao accidente de Stoffel Vandoorne. Jenson Button clasificouse noveno no seu regreso, pero foi degradado á parte posterior da grella debido á penalización de 15 posicións. Finalmente comezou no pit lane. Os dous Mclarens entraron na Q3 por primeira vez en .
Carreira Räikkönen liderou desde o comezo ata que entrou en boxes na volta 33. O seu compañeiro de equipo Vettel quedou fora máis tempo e cando finalmente entrou en boxes, saíu por diante de Räikkönen e logrou gañar a súa terceira carreira da tempada ampliando a súa vantaxe no campionato a 25 puntos máis que Hamilton, que terminou en 7º despois de recuperarse logo da súa mala cualificación. Esta vitoria deulle a Ferrari o seu primeiro 1-2 final desde o polémico Gran Premio de Alemaña de 2010. Daniel Ricciardo terminou en terceira posición, malia golpear lixeiramente a parede ao final da carreira. Carlos Sainz acadou o seu mellor resultado do ano co 6º posto con Toro Rosso. Seguíronlle Hamilton, Grosjean, Massa e Magnussen, que redondearon os puntos. Foi a primeira vez na historia de Haas que lograron puntuar os dous. Foi tamén a primeira vez en 2017 que ambos Force India terminaron fóra dos puntos cunha colisión tardía entre Pérez e Kvyat, cando marchaban na zona de puntos. Stoffel Vandoorne parecía listo para anotar os primeiros puntos de Mclaren da tempada antes de golpear o muro. Jenson Button, mentres tanto, retirouse con problemas na suspensión, logo de chocar con Pascal Wehrlein de Sauber, deixando a Wehrlein pousado verticalmente contra a parede. O outro Sauber de Marcus Ericsson retirouse logo de golpear o muro na curva 1 baixo o coche de seguridade. O Renault de Nico Hülkenberg retirouse cedo cun fallo da caixa de cambios, cando marchaba décimo. Lance Stroll tamén retirouse.
Logo da carreira Sergio Pérez e Jenson Button recibiron dous puntos de penalización (cada un) anotados na súa Super Licenza, ambos por causar unha colisión.
Clasificación Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrellafinalQ1Q2Q31 7 Kimi RäikkönenFerrari1:13.1171:12.2311:12.17812 5 Sebastian VettelFerrari1:13.0901:12.4491:12.22123 77 Valtteri BottasMercedes1:13.3251:12.9011:12.23334 33 Max Verstappen1:13.0781:12.6971:12.49645 3 Daniel RicciardoRed Bull Racing-TAG Heuer1:13.2191:13.0111:12.99856 55 Carlos SainzToro Rosso-Renault1:13.5261:13.3971:13.16267 11 Sergio PérezForce India-Mercedes1:13.5301:13.4301:13.32978 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari1:13.7861:13.2031:13.34989 22 Jenson ButtonMcLaren-Honda1:13.7231:13.4531:13.613PLJenson Button recibiu unha penalización de quince postos na grella por superar a súa cota de compoñentes do motor.10 2McLaren-Honda1:13.4761:13.249Sen tempo12Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización de tres postos na grella por causar un accidente evitable con Felipe Massa na carreira anterior.11 26 Daniil KvyatToro Rosso-Renault1:13.8991:13.516912 27 Nico HülkenbergRenault1:13.7871:13.6281013 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:13.5311:13.9591114 44 Lewis HamiltonMercedes 1:13.6401:14.1061315 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes1:13.7961:20.5291416 31 Esteban OconForce India-Mercedes 1:14.1011517 30 Jolyon PalmerRenault1:14.6961618 18 Lance StrollWilliams-Mercedes 1:14.8931719 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari1:15.1591820 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari1:15.27619 107% tempo límite: 1:18.193 fonte: miniatura|center|upright=2|alt=Schéma de la grille de départ du Grand Prix de Monaco 2017|Grella de saída do Gran Premio de Mónaco de 2017.
Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 5 Sebastian VettelFerrari781:44:44.3402252 7 Kimi RäikkönenFerrari78 +3.1451183 3 Daniel RicciardoRed Bull Racing-TAG Heuer78 +3.7455154 77 Valtteri BottasMercedes78 +5.5173125 33 Max Verstappen78 +6.1994106 55 Carlos SainzToro Rosso78 +12.038687 44 Lewis HamiltonMercedes78 +15.8011368 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari78 +18.150849 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes78 +19.44514210 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari78 +21.44311111 30 Jolyon PalmerRenault78 +22.7371612 31 Esteban OconForce India-Mercedes78 +23.7251513Sergio Pérez recibiu 10 segundos de penalización por causar unha colisión. 11 Sergio PérezForce India-Mercedes78 +49.089714Pilotos retirados da carreira, pero clasificados ao completar o 90% da distancia de carreira. 26 Daniil KvyatToro Rosso71Colisión915 18 Lance StrollWilliams-Mercedes71Accidente17Ret 2McLaren-Honda66Accidente12Ret 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari63Accidente19Ret 22 Jenson ButtonMcLaren-Honda57ColisiónPLRetPascal Wehrlein recibiu unha penalización de 5 segundos por unha saída insegura. 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari57Colisión18Ret 27 Nico HülkenbergRenault15Caixa de cambios10Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos 10px1 Sebastian Vettel129 10px2 Lewis Hamilton104 10px3 Valtteri Bottas75 10px4 Kimi Räikkönen67 10px5 Daniel Ricciardo52
Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos 10px 11 Ferrari196 10px 12 Mercedes179 10px397 10px4 Force India-Mercedes53 10px5 Toro Rosso29
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Official website
Mónaco Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1